domingo, 15 de decembro de 2024

Cando un pobo digno defende o seu presente e o seu futuro, berra alto e claro : ALTRI NON!! #AltriNon15DCompostela #AltriNON #Defendeoteufuturo #Medioambente #CoidadodoPais

Cando un pobo digno sae a rúa a defender o seu presente e o seu futuro, hai que escoitalo. 
De nada vale que dende a CRTVG traten de vender o bonito dun proxecto que destruirá unha parte xigante do noso texido productivo e medioambiental; un proxecto que envelenará as nosas augas, e as nosas sufridas rías. 
Cando un pobo digno sae a rúa a decir ALTRI NON, ao Goberno Galego non lle queda máis remedio que rectificar e obedecer, porque o pobo é quen máis ordea. 


 
 







domingo, 8 de decembro de 2024

Tributo a José Blanco: sempre nos nosos corazóns #OCerco #Acerga #Mar #Portosin

A perda de José Blanco bateu moi duro en nós. Jose non era un home que pasara desapercibido pese a súa humildade e non buscar sobresair. 
O seu sorriso permanente era unha das súas máis notables características. Disfrutaba da vida e da súa xente. 
Jose era un espíritu libre do mar que non só navegaba, senón que voaba alto e forte. Non había máis que escoitalo. 
Para min foi unha honra e un privilexio coñecelo e ter a posibilidade de entrevistalo moitas veces;  falar con el da pesca e da vida cada vez que puidemos atoparnos en Portosin ou en Compostela era unha delicia. Abriunos as portas da súa casa, do Portosin Dos, no que puidemos coñecer de primeira man que se sinte en mar aberto. 

Jose era un lider nato, de palabra sinceira e acción rebelde e inconformista; foi quen de cambiar a percepción da sociedade sobre a pesca, os repartos administrativos inxustos, as repercusiones dos traballadores do mar nas localidades pesqueiras e en Galicia en xeral. José sempre tiña tempo para nós. Sempre estaba disposto a un bó debate e intercambio de opinións: escoitaba e respectaba a todo o mundo, cousa pouco habitual nesta sociedade. Ímolo botar de moito, moito de menos. Pero como todo bó lider, deixa un legado que defender e honrar. Trataremos de facelo o mellor posible, querido Jose. Descansa en paz
.

   

  

 

 

 

 

  

 

 

Última entrevista que lle fixen con José Blanco para O Mundo de Pilar_Aymara