Hoxe, Dia de San Andrés, Día Nacional de Escocia, vai ter lugar en Edimburgo o funeral oficial e público en tributo a Alex Salmond. Tiven a enorme honra de recibir unha invitación para estar hoxe presente en St. Giles, pero varias cuestiones impedíronme estar alí hoxe.
Alex Salmond foi e será para min un referente político imprescindible, un home noble temido por mediocres que quixeron acabar coa súa luz, e non o conseguiron. Alex Salmond acompaña hoxe aos e ás grandes heroes escoceses, nese panteón de ilustres que guiarán a Nación ata a súa independencia. Farewell, dear Alex
#Saltire4Salmond #StAndrewsDay #AlexSalmondMemorial #FarewelltoAlexSalmond
Alex Salmond Memorial Service https://t.co/1gk1itvoHa
— ScotNews (@indyscotnews) November 30, 2024
Ningún comentario:
Publicar un comentario