domingo, 28 de abril de 2024

Sempre Luz : In Memorian #LuzFandiño #Compostela #Feminismo #Poesia #Rebeldia #Activismo #Internacionalismo


Deixounos Luz Fandiño. 
Deixou con ela un mundo de leccións de vida, de política, de feminismo, de rebeldía, plasmados nos seus poemas, eses poemas escritos na súa cociña; neses poemas que lle saían de dentro. Deixóunos Luz Fandiño e a súa luz permanecerá entre nós. Hoxe toda persoa que tivo a honra e a sorte de compartir algunha experiencia con ela, estará facendo repaso das anécdotas, das vivencias, das risas, das bágoas, das frustracións e dos logros. 
No meu caso, quédome coas moitas horas que pasamos falando de revolución: dos días de pegada de cartaces da Galego-cubana; das charlas e manifestacións ás que fumos xuntas. Quédome cunha viaxe a Lanzarote, nun momento no que non estaba eu moi ben de ánimo. Quédome coas cancións que cantaba e coas súas arengas para seguir adiante loitando. Quédome cos seus enoxos e cos seus perdóns. Quédome co seu "a ver" co que contestaba o teléfono. Quédome tamén co seu inconformismo. 
Deixo aquí algunha testemuña de Luz, á que tiven a honra de coñecer e que sempre nos acompañarán. 

Son moitas as entrevistas que se lle fixeron a Luz, pero esta de Nós Televisión é moi interesante e moi completa.

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario