mércores, 7 de febreiro de 2024

Comentario: A chorar a Cangas, Alfonso Rueda #18F #EleccionsGalegas #Galicia

Seica que "Rueda apunta a que os outros 4 candidatos no debate da CRTVG “pactaron antes” ir contra el

Descoñezo se iso é verdade ou non pero chirría, Alfonso Rueda; e se así fora, de que vos queixades cando vós, Partido Popular, levades 15 anos de goberno pasando rodillo e ignorando máis do 90 por cento das propostas dos grupos da oposición, polo simple pracer de decir que vós sodes os máis guapos?
Iso si, para logo propoñer e aprobar, cando vós convén, algunhas das propostas e presentalas como propias.
Levades 15 anos ninguneando e mesmo insultando aos outros grupos políticos público e privadamente, na CRTVG e no Parlamento, "denunciando" a "inestabilidade" dun goberno "franquenstein" incapaz de poñerse dacordo en temas que importan aos cidadáns e agora vindes con teorías conspiranoicas? Anda, a chorar a Cangas. Aceptade as normas democráticas e a asistide aos debates, que é o que tés que facer para demostrar si tes madeira de Presidente!
🤨

Ningún comentario:

Publicar un comentario