Dime unha amiga que no video que compartín onte se me ve cansa e derrotista. Grabei logo da explosión de 6 misiles en #Jabaliacamp
Explico que a gravidade da situación así o requería; que parece que a xente non quere ver as extensión desta masacre. A UE a e ONU están acabadas
Moitos irresponsables políticos pensan que nos cae moi lonxe todo o que estamos vendo. Isto, sumado á desfeita da guerra da Ucraína e as alianzas con grupos fascistas vai traer a destrución das vellas alianzas Europeas, conflictos nos nosos territorios e unha debacle na economía.
Sobrepasáronse todas as liñas roxas marcadas logo da II Grande Guerra.
As Institucións políticas demostraron vivir a espaldas dos pobos e as Institucións internacionais non teñen credibilidade algunha.
Quen pense que o mundo vai ser igual que antes, erra por moito.
Non sei como se pode parar isto nin canto tempo máis vai durar, pero estou segura de que internamente vai haber cambios drásticos en moitos países, potencias e organizacións que nos van sorprender. Vivimos en tempos tenebrosos de novo. Así de cruel e de real. E son positiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario