mércores, 12 de abril de 2023

Liberar a Iván: Protesta en Santiago contra o uso do 'electroshock' nos centros psiquiátricos #StopElectroshocks #SaúdeMental #Sergas #HospitaldeConxo #LiberadeaIván #DereitosdosPacientes #CHUS

Iván, un mozo de Arzúa de 30 anos, ingresou en urxencias voluntariamente para ser tratado dun proceso mental. Agora mesmo está recibindo, contra da súa vontade e da familia, unha terapia de electroshock. Amigos e familiares de Iván concentráronse na Praza do Toural para amosar a súa solidariedade e repudio á actitude dictatorial do Servizo Galego de Saúde e en concreto do Servizo de Psiquiatría que trata a Iván, e para esixir que cese de xeito inmediato este tratamento. Hai outros tratamentos, din, pero son máis caros. O pai de Iván está en folga de fame, e mandou unha mensaxe que foi lida por Lidia Senra. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario