domingo, 27 de novembro de 2022

Unha pequena reflexión sobre Escocia e a estratexia do SNP #Scotland #Comment #Indyref2 #SupremeCourt #Strategy



Normalmente son optimista, procuro selo. No caso de Escocia, dáme moitísima mágoa ver como o movemento independentista se desinfla a cada tropezo dun liderado nefasto do SNP. Ben é certo que o movemento YES é moito máis que o SNP, algo que o propio SNP non quere aceptar.
Non só que a falta total dunha estratexia alternativa provoca un adiamento permanente dese ansiado segundo referendo; a actitude sectaria e partisana dalgúns representantes nacionalistas ante as críticas da militancia, lévame a crer que non existe rectificación posible.

Só a convocatoria e posta en marcha dunha Convención Nacional (prometida por Nicola Sturgeon en 2020, e algo que propón non só Alex Salmond, senón outras voces doutros partidos, colectivos e organizacións independentistas) e cun plan único e único ponto nas vindeiras eleccións podería salvar a situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario