Video in English
Video en Español
Fragmento da Comisión Especial no Parlamento Europeo para analizar a xestión da pandemia. Tratábanse temas como a falta de transparencia, a elaboración dos contratos opacos con Pfizer, as mensaxes que se cruzaron durante as negociacións dos prezos o mandamás da compañía con Úrsula Von der Leyen e que esta borrou do seu móbil corporativo (cousa que está denunciada ante o Valedor do Pobo Europeo e o Tribunal de Cuentas Europeo)
En canto as intervencións dos eurodeputados/as da Cámara, moito enfado pola NON comparecencia do CEO de Pfizer, moitas preguntas moi claras sobre o escándalo das mensaxes borradas de Ursula Von der Leyen, sobre os prezos, sobre os estudos previos á comercialización dos produtos da farmacéutica.
As respostas da representante de Pfizer deixan claro que nos mentiron, e aos que plantexábamos dúbidas razoables e esixíamos transparencia, control e sentido común nos chamaron de todo...
Os que nos mentiron, agoran calan
Ms. Small, responsable de Pfizer (O Sr. Albert Bourla non quiso comparecer no Parlamento Europeo) afirmou que sacaron o produto ao mercado sen testar si era efectivo contra a infección. Toda a prensa repetiu a estratexia da farmacéutica. Todo un fraude pagado con cartos públicos https://t.co/zSxitMA0Zw
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) October 12, 2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario