luns, 30 de maio de 2022
martes, 24 de maio de 2022
O caso Pablo González - Entrevista con Juan Teixeira (EULIXE) #FreePabloGonzález #FreePress #Ucraina #Polonia #HHRR
O xornalista Pablo González leva 87 días retido e incomunicado polas autoridades de Polonia. Escandaloso este caso e escandalosa a inacción do Goberno español que hai tempo tiña que ter presentado unha queixa oficial.
Hoxe, falei con Juan Teixeira, compañeiro de Pablo, fotoxornalista e cofundador do espazo EULIXE.
Para aquelas persoas que queiran axudar, este é o link da recollida de sinaturas : https://www.change.org/p/respeten-los-derechos-del-periodista-pablo-gonz%C3%A1lez-detenido-en-polonia-el-28-de-febrero/u/30563850
E compartide o video! Grazas
#FreePabloGonzalez
martes, 17 de maio de 2022
venres, 13 de maio de 2022
mércores, 11 de maio de 2022
Queremos galego! We want Galego! #GalicianLanguage #Cultura #LetrasGalegas #GalicianLiteratureDay #Culture #Galicia #Galiza
Representantes da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron que o 17 de maio sairán ás rúas de Compostela para “evidenciar que a situación do galego non é irreversível” e “que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. |
|
A plataforma reclama a posibilidade de vivir en galego agora e sempre e denuncia que o ensino e unha limitadísima oferta audiovisual en galego botan abaixo os esforzos das familias por garantiren a transmisión da lingua. A sociedade galega propón solucións, como a Iniciativa Xabarín, a Iniciativa polo audiovisual galego ou as bases para a normalización da lingua elaboradas pola maioría da representación sindical do profesorado, das anpas, dos movementos de renovación pedagóxica e pola Mesa, mais dende Queremos Galego recordan que para que que estas solucións frutifiquen cómpre que os gobernos galego e español abandonen o desprezo pola lingua galega e garantan a súa presenza e dispoñibilidade “en todo e para todo”. |
Autobuses para acudir á manifestación en Compostela: |
- A Coruña: 981 169 810
Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical - Ferrol: 630 219 861 | 981 358 750
Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo. - Lugo: 982 225 812 | 982 280 410
Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58 - Vigo: 986 827 900
• Saída ás 10h, desde o local da CIG - Pontevedra: 986 866 205
Saída ás 10h desde Arcade
Ás 10:30h de Pontevedra - Vilagarcía-Cambados: 986 565 059 – 986 505 323
- Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
- Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega - Ourense (desde Monterrei): 988 233 134
- Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
- Ás 8:30h en Verín.
- Ás 9h, en Xinzo.
- Ás 9:30h, en Ourense.
- Ás 10h, no Carballiño. - A Mariña: 982581861 | 605 377 317
Un novo futuro para o galego é posíbel, se todas e todos, cidadanía, entidades sociais e gobernos imos na mesma dirección, a de asegurar que o galego está presente e plenamente dispoñíbel. A lingua galega une é o principal elemento de cohesión, identidade e progreso de Galiza. O 17 de maio manifestarémonos en Santiago para que a Xunta de Galiza comece a actuar en consecuencia.
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)