O pasado 28 de febreiro, o xornalista Pablo González, foi detido en Polonia, sendo acusado de gravísimos delitos de espionaxe. Dende ese momento, non só se lle encerrou en prisión preventiva e está incomunicado, senón que non se lle permitiu asistencia do seu avogado, deixándoo nunha clara situación de indefensión e coa conseguinte violación de todos os tratados internacionais de dereitos humanos.
Hoxe falei co deputado de EH Bildu, Jon Inarritu, quen nos actualiza sobre a situación de Pablo González.
Animarvos a participar na demanda da súa liberdade nas redes utilizando as etiquetas
#Freeablo
#FreePabloGonzalez
Ningún comentario:
Publicar un comentario