domingo, 24 de abril de 2022

As sentencias absolutorias dos Controladores Aéreos #Xustiza #EstadodeAlarma #Privatizacion #ServizosEsenciais #EspacioAéreo #Controladores

Recordaredes a ponte da Constitución de 2010 como un pesadelo. Aparte do decreto do primeiro estado de alarma do Estado, a campaña mediática culpabilizando aos controladores aéreos dun peche aéreo sen precedentes foi o inicio dunha procesión de procedos e denuncias xudiciais que pouco a pouco se foron arquivando, ata chegar a unha última sentencia da Audiencia Provincial de Madrid onde se deixa claro a absolución da culpa dos traballadores. Pero os problemas continúan e, ata o de agora, ninguén do Goberno español emitiu unha disculpa oficial.
Falei con Susana Romero (Secretaria de Comunicación da USCA) e con Daniel Zamit (Portavoz da USCA - Unión Sindical de Controladores Aéreos) para valorar todo este proceso e que nos actualicen sobre a situación laboral dun servizo esencial para o Estado



Ningún comentario:

Publicar un comentario