mércores, 5 de maio de 2021

Comunicado de prensa da Plataforma SOS Sanidade Pública #AtenciónPrimaria #Galicia #TeleSanidade #Sergas

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, quere comunicar a Opinión Pública:

1.- Consideramos inxustificable e inaceptable a resposta da Xunta de Galicia ás mobilizacións celebradas en toda Galicia na que a Plataformas SOS Sanidade Pública esixía a volta á normalidade da Atención Primaria. A Consellaria de Sanidade, anuncia agora, a súa intención de incrementar as consultas presenciais ata o 60% e limitar as esperas a 4 días, con medidas sancionadoras para aquel persoal que non alcance estes obxectivos.

2.- A poboación, estamos fartxs de que unha boa parte dos Centros de Saúde concentren a súa actividade nas consultas telefónicas (en detrimento das presenciais), de ter grandes dificultades para comunicar cos mesmos (necesitan múltiples chamadas para comunicar), soportar listas de agarda de semanas para recibir asistencia ou de facer cola na rúa para acceder aos centros. O medo á COVID-19 freou, ata o de agora, as protestas, pero a paciencia estase acabando tras un ano de pandemia.

3.- Esta situación é a consecuencia da falta de persoal, sanitario e administrativo, da insuficiencia de liñas telefónicas, dos recortes en persoal sanitario e infraestructuras, da falta de espazos e locais, e sobre todo DUNHA DESASTROSA XESTIÓN DOS CENTROS DE SAÚDE a cargo de persoas que ocupan os seus postos por afinidade política ao Partido Popular, cun escaso nivel de coñecementos e capacitación, e que seguen sen rechistar as ordes da Consellaría.

4.- A XUNTA PRETENDE CULPABILIZAR DESTA SITUACIÓN AO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA que leva anos soportando a falta de recursos e o sometemento ás xerencias hospitalarias para realizar actividades subalternas.

5.- Con esta medida preténdese:

· ENFRONTAR AO PERSOAL DOS CENTROS COA POBOACIÓN.

· DESANIMAR AOS TRABALLADORXS QUE LEVAN ANOS PROTESTANDO POLAS MALAS CONDICIÓNS DA ATENCIÓN PRIMARIA.

· OBRIGAR Á CIDADANÍA A CONTRATAR SEGUROS PRIVADOS PARA RECIBIR UNHA ASISTENCIA QUE LLES NEGAN UNS CENTROS SEMICERRADOS E DEPAUPERADOS.

· A ATENCIÓN PRIMARIA PÚBLICA QUEDARÍA ASÍ REBAIXADA A ATENDER Á POBOACIÓN CON MENOS RECURSOS ECONÓMICOS E MAIOR DESPROTECCIÓN SOCIAL.

6.- Os objetivos da Xunta hai tempo que están claros: DESMANTELAR O ACTUAL MODELO DE ATENCIÓN PRIMARIA (universal, accesible e equitativo) e pechar centros e consultas, para concentrar os recursos sanitarios en hospitais e centros privados concertados.

DESDE A PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA, CONTINUAREMOS LOITANDO COA POBOACIÓN E TRABALLADORXS DOS CENTROS DE SAÚDE PARA ACABAR CON ESTA SITUACIÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario