xoves, 22 de abril de 2021

Queremos galego convoca concentración na praza do Obradoiro para o 17 de maio #QueremosvivirenGalego #Lingua #17Maio2021


A plataforma cidadá, composta por máis de 500 entidades, recorda que “para reverter a situación da lingua galega os éxitos na denuncia internacional teñen que se seguir acompañando da mobilización social para mudar a política lingüística” e anuncia unha concentración en Compostela o Día das Letras para a que haberá que se inscribir previamente, co obxectivo distribuír a praza mantendo a distancia de seguranza e cumprindo todas as normas sanitarias 

Ningún comentario:

Publicar un comentario