venres, 23 de abril de 2021

Interview with Tasmina Ahmed-Sheikh, Alba Party Candidate - Entrevista con Tasmina Ahmed-Sheikh, candidate do Alba Party #Scotland #Holyrood2021 #Women #Indyref2


A primeira vez que entrevistei a Tasmina Ahmed-Sheikh foi en Santiago de Compostela, nun encontro da EFA. Daquela o proceso do referendo de Escocia estaba a piques de dar comenzo. Máis tarde acompañounos en Compostela o Día da Patria onde quedou abraiada co traballo de Mar de Lumes. 

Encargada da Área de Igualdade e Muller durante moitísimos anos no SNP, preséntase agora como candidata do recén nacido Alba Party por Escocia Centro coa clara intención de acelerar o proceso dun segundo referendo de independencia e pelexar polos dereitos das mulleres e da comunidade LGTB. 

Con ela falei, entre moitos temas,  do sesgo e censura da prensa escocesa, especialmente da BBC, que dende a campaña do referendo en 2014 botaron por terra toda a fama de obxectividade que lles acompañaba. A canle non é máis que propaganda do Goberno británico para desprestixiar calquera opción política que pelexe pola soberanía de Escocia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario