Iluminados contra
un proxecto sin garantías
No mes de febreiro
de 2020, soupemos das conclusións dunha
DIA negativa que anulaba o proxecto da mina a ceo aberto nos concellos de Touro
e O Pino e que concluía:
“A reactivación da actividade
mineira prevista vai supoñer unha
nova presión sobre os sistemas fluviais e as augas subterráneas, sen que se garanta que non se
vaia a producir un novo impacto negativo sobre o cliclo hídrico e sen que conste na formulación actual
da avaliación practicada a necesaria conformidade da unidade competente en
materia de planificación hidrolóxica do Organismo de Bacia.
Na situación actual, o proxecto non dá resposta completa ás medidas de
xestión a adoptar en caso de escenario accidental e, incluso, as medidas de prevención e xestión da
continxencia parecen limitarse a xustificar que o suceso non se
producirá. Por conseguinte, en caso de materializarse un escenario de risco, non se pode garantir que a actuación
proxectada non produza unha grave afección aos valores naturais da zona
nin un prexuízo á integridade da Zona de Especial Conservación, en diante ZEC,
“Sistema fluvial Ulla-Deza”.”
Unhas conclusións
breves para tres anos de resposta social, informes técnicos negativos e centos
de organizacións sociais e locais que arremeteron con contundencia contra o que
era máis que evidente. Unhas conclusións que resumen 3 anos de traballo
contra un proxecto sin garantías, que soupemos ver nun mes de exposición
pública que nos deron para poder presentar alegacións, e sin embargo a
administración dilatou e estirou sin explicación durante 4 anos hasta o día de
hoxe.
A pesares das
evidencias, tivemos que agardar hasta
hoxe, máis dun ano dende a DIA
Negativa, a que a Dirección Xeral de Planificación
enerxética e Recursos Naturais, vía nota
en prensa, dera a conocer a sua decisión de comunicar a Resolución negativa
do proxecto á mercantil Cobre San Rafael SL.
Unha resolución que ainda desconocemos en qué termos se expresa, ningunha das organizacións nin persoas que
figuramos na causa como interesadas e/ou afectadas fomos informados nin nos foi
ainda remitida, polo que agardamos que se nos poida facer chegar o antes
posible sin ter a necesidade de requerila vía rexistro electrónico, como xa é
de costume que nos obriguen a reclamar o que por dereito nos pertence, queremos
lembrar as declaracións do anterior Director Xeral de
Mina o señor Tahoces ás persoas da Platafoma contra a mina de Touro, comprometéndose
a comunicar a todas as persoas recoñecidas como parte interesada ou afectada a
Resolución definitiva no momento en que se producira. O señor Tahoces foi relevado do seu cargo,
pero agardemos que a sua sucesora sí poida cumprir co dito.
Lembremos que de non ser pola resposta social e cidadá este proxecto e tantos outros de similares características – Santa
Comba, San Fins, Monte Nema Serra Suido, Iribio, Terra Chá, Mesía- Frades, ...-
son susceptibeis de aprobación sin ningún tipo de supervisión, nin
comprobación, con todas as catastróficas, terribeis, calamitosas repercusións e
ausencia de garantías que conlevan para
o medio natural, cultural, como así quedou demostrado no caso do proxecto da
mina de Touro.
Lembremos que resulta esencial que as administracións deben permitir que a cidadanía
e as organizacións medioambientasis, sociasi,... teñan dereito ao acceso á información pública en tempo e forma que lles permita
defenderse e defender os seus medios de vida e o medio natural e cultural
que habitan, en defensa tamén dos seus recursos económicos para vivir, non solo
as multinacionais.
Neste proxecto quedou en evidencia a mercantil promotora
e tamén a administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario