Os últimos acontecementos e o cruce de acusacións das dúas comisións de investigación sobre o expediente contra a súa persoa remataron cunha comunicación na que o ex primeiro ministro escocés anunciaba accións legais contra a Secretaria Permanente do Goberno escocés e tamén a denuncia formal na Police Scotland para que se investigue a filtración ao Daily Record (aparentemente feita por algún traballador do Goberno escocés). Non fará máis declaracións sobre este tema; agora deixará ao curso da xustiza e a policía facer o seu traballo.
O seu comunicado era, tal e como así o indicaba no último parágrafo, punto e aparte para centrarse no importante: o futuro de Escocia.
Nunhas eleccións onde o SNP parte como organización maioritaria de cara as eleccións de maio ao Parlamento de Holyrood, e con outras novas organizacións independentistas como ISP ou AFI, vai ser moi interesante a repercusión que teña a partires de agora a presenza dun peso pesado que sempre se reinventa a si mesmo e que sorprende a propios e extranos.
A súa pelexa non é contra o SNP, o seu obxectivo non é dividir o voto independentista senón acadar unha SUPERMAIORÍA nas eleccíons de maio para reforzar as decisións cara a independencia, presentando candidatos ás listas e non ás circunscripcións onde é previsible gañe o SNP.
Neste blog comparto con vós o material presentado hoxe polo propio Alex Salmond.
O impacto que pode ter este anuncio na sociedade escocesa e mesmo na europea vai ser grande e provoca moitas incógnitas que se irán respondendo ao longo da campaña e cando se coñeza se o obxectivo final puido ou non ser acadado.
Alex Salmond explains the ALBA party’s strategy for #supermajority to secure a new independence referendum for Scotland pic.twitter.com/uPE5jfV9zA
— Phantom Power (@PhantomPower14) March 26, 2021
Election Imprint. pic.twitter.com/6TDuke4AWv
— Alex Salmond (@AlexSalmond) March 26, 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario