mércores, 31 de marzo de 2021
Por que moitas mulleres de Escocia se unen ao Alba Party #Women #Scotland #WomensRights #AlbaParty #SNP
The Alba Party and how we can gain independence and save women’s rights in Scotland by voting for Alba.
— Denise Findlay 💚🤍💜 (@GraceBrodie) March 31, 2021
Guest Post by Denise Findlay #BothVotesYes #AlbaParty https://t.co/8IJQ2IHRKi pic.twitter.com/YuAx0ZRl84
luns, 29 de marzo de 2021
The AFI and the ISP withdraw their candidates from Holyrood 2021 // Partidos independentistas retiran candidaturas para Holyrood 2021 #MaxtheYes #Holyrood21 #Scotland #Escocia #Eleccions
Unha das novas organizacións pro independentistas, AFI, anuncia que retira os seus 42 candidatos logo da presentación do @AlbaParty de @AlexSalmond
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) March 26, 2021
Isto é ben significativo... a estratexia de maximizar o voto pro independencia cara a unha #Supermajority gana adeptos! 🤓 https://t.co/qM3UiDoswf
O ISP, o outro partido pro independentista tamén retira os candidatos para #Holyrood2021
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) March 29, 2021
Importantísima decisión logo do nacemento do @albaparty https://t.co/nXI9J3RVxy
sábado, 27 de marzo de 2021
venres, 26 de marzo de 2021
Alex Salmond retorna a política cunha nova formación e coas vistas postas na independencia #Escocia #SuperYesMajority #Holyrood2021
Os últimos acontecementos e o cruce de acusacións das dúas comisións de investigación sobre o expediente contra a súa persoa remataron cunha comunicación na que o ex primeiro ministro escocés anunciaba accións legais contra a Secretaria Permanente do Goberno escocés e tamén a denuncia formal na Police Scotland para que se investigue a filtración ao Daily Record (aparentemente feita por algún traballador do Goberno escocés). Non fará máis declaracións sobre este tema; agora deixará ao curso da xustiza e a policía facer o seu traballo.
O seu comunicado era, tal e como así o indicaba no último parágrafo, punto e aparte para centrarse no importante: o futuro de Escocia.
Nunhas eleccións onde o SNP parte como organización maioritaria de cara as eleccións de maio ao Parlamento de Holyrood, e con outras novas organizacións independentistas como ISP ou AFI, vai ser moi interesante a repercusión que teña a partires de agora a presenza dun peso pesado que sempre se reinventa a si mesmo e que sorprende a propios e extranos.
A súa pelexa non é contra o SNP, o seu obxectivo non é dividir o voto independentista senón acadar unha SUPERMAIORÍA nas eleccíons de maio para reforzar as decisións cara a independencia, presentando candidatos ás listas e non ás circunscripcións onde é previsible gañe o SNP.
Neste blog comparto con vós o material presentado hoxe polo propio Alex Salmond.
O impacto que pode ter este anuncio na sociedade escocesa e mesmo na europea vai ser grande e provoca moitas incógnitas que se irán respondendo ao longo da campaña e cando se coñeza se o obxectivo final puido ou non ser acadado.
Alex Salmond explains the ALBA party’s strategy for #supermajority to secure a new independence referendum for Scotland pic.twitter.com/uPE5jfV9zA
— Phantom Power (@PhantomPower14) March 26, 2021
Election Imprint. pic.twitter.com/6TDuke4AWv
— Alex Salmond (@AlexSalmond) March 26, 2021
xoves, 25 de marzo de 2021
Protestas nos portos de Galicia - Entrevista con Isaac Gaciño Santos , Patrón Maior de Portosín #Galicia #Pesca #Lexislación
mércores, 24 de marzo de 2021
"INQUIRY FINDINGS MUST BE ACCEPTED" SAYS SALMOND
martes, 23 de marzo de 2021
Scottish Parliament Committee report in full #Scotland #Harassment #Scottish Government
BLOG My perspective on the key findings of the Committee on the SGHHC. https://t.co/JaC5viafsJ
— Andy Wightman MSP (@andywightman) March 23, 2021
xoves, 18 de marzo de 2021
martes, 16 de marzo de 2021
David Davis MP uses parliamentary privilege in the House of Commons to give details about the conspiracy against Alex Salmond
luns, 15 de marzo de 2021
Cambia o "mood", activa o modo bosque - #1foto1arbore #Compostela
Animádevos a participar nesta iniciativa en Instagram, FB, Twitter, usando o cancelo #1foto1arbore e (etiquetando a @TalentiaSummit).
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) March 14, 2021
Por cada foto que compartamos, @PazodeRaxoi comprométese a prantar unha árbore autóctona 😁✌💜
Aqui vai unha das miñas fotos pic.twitter.com/hmBMncC1UJ
luns, 8 de marzo de 2021
Witches of Scotland Live Special - International Women's Day 2021 #History #Women #Justice #IWD21
domingo, 7 de marzo de 2021
sábado, 6 de marzo de 2021
venres, 5 de marzo de 2021
Nota de Prensa da Plataforma contra a Mina Touro-O Pino #MinaTouroOPinoNON #Ecoloxía #Sentidiño #Activismo
Iluminados contra
un proxecto sin garantías
No mes de febreiro
de 2020, soupemos das conclusións dunha
DIA negativa que anulaba o proxecto da mina a ceo aberto nos concellos de Touro
e O Pino e que concluía:
“A reactivación da actividade
mineira prevista vai supoñer unha
nova presión sobre os sistemas fluviais e as augas subterráneas, sen que se garanta que non se
vaia a producir un novo impacto negativo sobre o cliclo hídrico e sen que conste na formulación actual
da avaliación practicada a necesaria conformidade da unidade competente en
materia de planificación hidrolóxica do Organismo de Bacia.
Na situación actual, o proxecto non dá resposta completa ás medidas de
xestión a adoptar en caso de escenario accidental e, incluso, as medidas de prevención e xestión da
continxencia parecen limitarse a xustificar que o suceso non se
producirá. Por conseguinte, en caso de materializarse un escenario de risco, non se pode garantir que a actuación
proxectada non produza unha grave afección aos valores naturais da zona
nin un prexuízo á integridade da Zona de Especial Conservación, en diante ZEC,
“Sistema fluvial Ulla-Deza”.”
Unhas conclusións
breves para tres anos de resposta social, informes técnicos negativos e centos
de organizacións sociais e locais que arremeteron con contundencia contra o que
era máis que evidente. Unhas conclusións que resumen 3 anos de traballo
contra un proxecto sin garantías, que soupemos ver nun mes de exposición
pública que nos deron para poder presentar alegacións, e sin embargo a
administración dilatou e estirou sin explicación durante 4 anos hasta o día de
hoxe.
A pesares das
evidencias, tivemos que agardar hasta
hoxe, máis dun ano dende a DIA
Negativa, a que a Dirección Xeral de Planificación
enerxética e Recursos Naturais, vía nota
en prensa, dera a conocer a sua decisión de comunicar a Resolución negativa
do proxecto á mercantil Cobre San Rafael SL.
Unha resolución que ainda desconocemos en qué termos se expresa, ningunha das organizacións nin persoas que
figuramos na causa como interesadas e/ou afectadas fomos informados nin nos foi
ainda remitida, polo que agardamos que se nos poida facer chegar o antes
posible sin ter a necesidade de requerila vía rexistro electrónico, como xa é
de costume que nos obriguen a reclamar o que por dereito nos pertence, queremos
lembrar as declaracións do anterior Director Xeral de
Mina o señor Tahoces ás persoas da Platafoma contra a mina de Touro, comprometéndose
a comunicar a todas as persoas recoñecidas como parte interesada ou afectada a
Resolución definitiva no momento en que se producira. O señor Tahoces foi relevado do seu cargo,
pero agardemos que a sua sucesora sí poida cumprir co dito.
Lembremos que de non ser pola resposta social e cidadá este proxecto e tantos outros de similares características – Santa
Comba, San Fins, Monte Nema Serra Suido, Iribio, Terra Chá, Mesía- Frades, ...-
son susceptibeis de aprobación sin ningún tipo de supervisión, nin
comprobación, con todas as catastróficas, terribeis, calamitosas repercusións e
ausencia de garantías que conlevan para
o medio natural, cultural, como así quedou demostrado no caso do proxecto da
mina de Touro.
Lembremos que resulta esencial que as administracións deben permitir que a cidadanía
e as organizacións medioambientasis, sociasi,... teñan dereito ao acceso á información pública en tempo e forma que lles permita
defenderse e defender os seus medios de vida e o medio natural e cultural
que habitan, en defensa tamén dos seus recursos económicos para vivir, non solo
as multinacionais.
Neste proxecto quedou en evidencia a mercantil promotora
e tamén a administración.