sábado, 27 de xuño de 2020

O persoal sanitario sae as rúas cunha mensaxe para nós : Coida a quen te coida #SanidadePública #Covid19 #PrecariedadeLaboral #StopRecortes #StopPrivatizacións

Hoxe tivemos a honra de acompañar ao persoal sanitario na nosa primeira manifestación na "nova normalidade". Aquí deixamos a nosa reportaxe e agardamos que vos goste tanto, tanto, tanto que a compartades e vos animedes a seguir coidando a quen coida de nós. A sanidade e os servizos sociais non deben ser un negocio. Temos que defendelos. E un pequeno recordatorio: ide votar o 12 de xullo, con todas as precaucións, pero cando votedes, acordádevos delas e deles. Por respecto, por dignidade. A sanidade pública non se vende, se defende.









Ningún comentario:

Publicar un comentario