Hoxe tivemos a honra de acompañar ao persoal sanitario na nosa primeira manifestación na "nova normalidade". Aquí deixamos a nosa reportaxe e agardamos que vos goste tanto, tanto, tanto que a compartades e vos animedes a seguir coidando a quen coida de nós. A sanidade e os servizos sociais non deben ser un negocio. Temos que defendelos. E un pequeno recordatorio: ide votar o 12 de xullo, con todas as precaucións, pero cando votedes, acordádevos delas e deles. Por respecto, por dignidade. A sanidade pública non se vende, se defende.
Galician Health workers today demonstrating in Compostela. New normality: wearing masks if its not possible to mantain social distancing#SanidadePublica #Galicia #Spain #12X— Pilar Fernandez (@pilaraymara) June 27, 2020
@broadcastscot pic.twitter.com/YVeHRSv7Qy
As @eventuais_loita deixáron un recado en San Caetano: coida a quen te coida, basta de recortes, privatizacións e precariedade laboral. Elas e eles cumpriron con responsabilidade e profesionalidade a súa función. E nós? @rosalia_tv @NosTelevision pic.twitter.com/aMWYv9CjJ7— Pilar Fernandez (@pilaraymara) June 27, 2020
Cada día ás 8 aplaudimos. Hoxe en Compostela diferentes colectivos sanitarios nos piden que non esquezamos o seu esforzo e que os coidemos defendendo a Sanidade Pública #SanidadePublica pic.twitter.com/evRoVLUV3O— RosaliaTV (@rosalia_tv) June 27, 2020