xoves, 31 de decembro de 2020
martes, 29 de decembro de 2020
Independence Live : #PlanBForIndy #AUOB PLAN B? #Scotland #Indyref2
Should Scotland have a Plan B? With guests Angus B MacNeil MP, Cllr Chris McEleny & hosts Suzanne Blackley & Neil Mackay.
xoves, 24 de decembro de 2020
xoves, 17 de decembro de 2020
mércores, 16 de decembro de 2020
luns, 14 de decembro de 2020
Spanish Foreign minister: Plan for UK navy to protect fishing 'is not serious' #Brexit #NoDealBrexit #Tradenegotiations #UK #EU #Spain
Spanish Foreign Minister Arancha González Laya dismissed plans for the UK's navy to protect fishing waters in the event of a no-deal Brexit, saying she thinks "this is all for the gallery".
She said she does not understand why the UK cannot come to an agreement on fishing with the EU given that there are "only 12,000 workers" affected in the UK.
domingo, 6 de decembro de 2020
Enfermeiras Eventuais en Loita e Ana Miranda : Bruxelas investiga a precariedade laboral do Sergas #Galiza #Sanidade #Saúde #DereitosLaborais #Sergas
Esta semana coñecíamos a resposta da Comisión Europea á Comisión de Peticións da Eurocámara sobre unha posible violación da normativa comunitaria pola utilización de sucesivos contratos temporais no sector sanitario.
O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita visitaron Europa da man da Portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda. Agora celebran esta noticia e con elas analizamos o alcance da mesma.
luns, 30 de novembro de 2020
sábado, 28 de novembro de 2020
Atención socio-sanitaria a domicilio - As traballadoras invisibles #Dependencia #Saúde #Covid19 #DereitosLaborais
Son traballadoras esenciais. Atenden a máis de 24.000 persoas a domicilio en toda Galicia, pero non as escoitaredes nin en medios de comunicación nin nas institucións. A súa voz semella silenciada e temos moitas razóns para escoitalas e esixir a organizacións políticas, sindicais e institucións públicas, que recollan e poñan en marcha reformas integrais na atención á dependencia para deixar que continúen nun perigoso limbo.
Falei con Tere, Trini, Mª José e Rita. Grazas a Mar tamén por tentar unirse á conversa dende Lugo, pero a tecnoloxía non o permitiu.
Escoitade á Plataforma SAF Galicia e compartide. Grazas
venres, 27 de novembro de 2020
mércores, 25 de novembro de 2020
Entrevista con Fernando Abraldes (Asoc. Pacientes e Usuarios do CHUS) - A pandemia, os dereitos dos pacientes e a nova Lei de Saúde #Covid19 #Saúde #Vacinas
Un pracer falar de novo con Fernando Abraldes, da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS sobre a situación sociosanitaria de Compostela, a pandemia e sobre a nova Lei de Saúde que quere implantar a Xunta de Galicia, ten pontos xurídicos moi escuros que tocan dereitos e deberes da cidadanía.
domingo, 15 de novembro de 2020
luns, 9 de novembro de 2020
Residencias e a pandemia da #COVID19 - Entrevista con Paulino Campos, Presidente de REDE #Residencias #DomusVi #TerceiraIdade #Saúde #Dependencia
Comparto con vós esta entrevista con Paulino Campos, fundador de ASFAREBA (Asociación de familiares e usuarias de residencias de Galicia) e Presidente da Federación Galega de Asociacións de Familiares de REDE.
Esta entrevista é unha pequena análise da descomunal traxedia humanitaria que supón os centos de mortes en Residencias e Centros de Maiores dende o inicio da pandemia e as posibles solucións ante un modelo que priorizou o modelo de lucro e de enriquecemento empresarial antes que un modelo no que primara a saúde, o benestar e a dignidade dos usuarios destes centros.
Escoitade e compartide. Grazas
venres, 6 de novembro de 2020
sábado, 31 de outubro de 2020
Entrevista con el Doctor Tikara Otomo - Los ataques contra prácticas terapéuticas no convencionales #Salud #MedicinaHolítisca #Bienestar
Desde hace ya años se vienen atacando y tratando de desacreditar prácticas terapéuticas con acusaciones de pseudo-ciencia, fraude o engaño. Son todas las terapias alternativas un engaño?O hay un interés especial en exterminarlas?He tenido el placer de entrevistar al Doctor Tikara Otomo del Centro Tsubame. Salud Integral para analizar este tema.
venres, 30 de outubro de 2020
mércores, 14 de outubro de 2020
xoves, 1 de outubro de 2020
luns, 28 de setembro de 2020
As Plataformas REDE e Vellez digna renden tributo aos falecidos en residencias e xustiza #DomusVi #FundaciónSanRosendo #VellezDigna
Compartimos con vós imaxes e entrevistas realizadas durante a concentración convocada por REDE para rendir tributo aos falecidos nas residencias de maiores, e para pedir xustiza e unha Lei de Residencias en condicións. Os maiores non son mercadorías.
Family and friends of people who died in care homes in Galicia demand justice#COVID19#CareHomes #Galicia #Elder pic.twitter.com/1YBrEHnxxa
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) September 27, 2020
domingo, 27 de setembro de 2020
What is happening in Scotland - Interview with Chris McEleny about a Plan B for Independence #Indyref2 #Scotland #SelfDetermination
The covid crisis, Brexit and an internal debate about the best way of achieving Independence.
I spoke to Christopher McEleny about the famous Plan B for Scotland. Hope you like it
venres, 25 de setembro de 2020
mércores, 23 de setembro de 2020
domingo, 20 de setembro de 2020
Karl Claridge and Ever Uan Beag - The long way to freedom (North) #Scotland #Independence #SigntheConvenant #Thelongwaytofreedom
They are Karl J. Claridge and Ever Uan Beg and they are doing the way of the North in #TheLongWalkToFreedom
I had the pleasure of speaking to them tonight. Best of luck, friends! :)
#signtheconvenant
xoves, 17 de setembro de 2020
Interview with Dave Lewelyn - The Long Walk to Freedom starts tomorrow at Eilean Donan #Scotland #Independence
So happy to speak to Dave Lewelyn about the Long Walk to Freedom that starts tomorrow at Eilean Donan Castle (Scotland).
See the website: https://longwalktofreedom.theroundtable.scot/
martes, 1 de setembro de 2020
venres, 28 de agosto de 2020
mércores, 26 de agosto de 2020
luns, 24 de agosto de 2020
domingo, 23 de agosto de 2020
Entrevista con Lucía Vázquez da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela #Covid19 #Lecer #Pubs #Compostela #Bares #Saúde
O sector do ocio e da hostelería está a sufrir fortemente a pandemia e as decisións contraditorias que se están tomando dende a Xunta nestes meses. Mediáticamente non deixan de ser criminalizados presentando ao sector como foco dos gromos da covid, cando non hai casos nin estatísticas que avalen tales acusacións.
Falei con Lucía Vázquez, membro de Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela sobre as medidas que están a tomar.
venres, 21 de agosto de 2020
mércores, 19 de agosto de 2020
Dispárase o apoio á independencia en Escocia // 55% YES / 45% NO #Scotland #Indyref2 #Poll #BusinessforScotland
Dispárase o apoio á independencia en Escocia! 55% SI - 45% NON (dándolle a volta aos resultados de 2014)
🤷♂️ This polling took place after both Boris Johnson and Rishi Sunak visited Scotland.
— Ross Colquhoun (@rosscolquhoun) August 19, 2020
martes, 18 de agosto de 2020
Que acontece no CHUS - Entrevista con Fernando Abraldes da Asoc. de Pacientes e Usuarios do CHUS #Expedientes #DoutoraNercellas #Saúde #Covid19 #UrxenciasSanitarias #Doentes
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS leva anos denunciando o deterioro dos servizos de emerxencia e as listas de agarda, asi coma a degradación de dereitos dos pacientes e usuarios dos servizos hospitalarios de Compostela. Falei con Fernando Abraldes sobre isto e sobre o expediente disciplinario aberto a Doutora Fátima Nercellas.
venres, 14 de agosto de 2020
venres, 7 de agosto de 2020
Alcoa non pecha - Falamos con Zan (ALCOA) en Compostela
Traballadores de Alcoa en Compostela durante a Sesión de Apertura do Parlamento de Galicia. Continúan coas mobilizacións.
sábado, 1 de agosto de 2020
Plataforma SAF Galiza - Os problemas da atención socio-sanitaria a domicilio #Dependencia #Saúde #SAFGaliza
Un pracer enorme falar con Trini, Gema e Tere, da Plataforma SAF Galiza.
Todas e todos somos potenciais usuarios dos servizos sociosanitarios a domicilio. Elas nos contan as súas experiencias e os seus problemas Escoitade con atención, e apoiade a este persoal, que require da nosa axuda, comprensión e total solidariedade.
sábado, 25 de xullo de 2020
sábado, 11 de xullo de 2020
venres, 10 de xullo de 2020
Banda de Municipal de Santiago : terapia musical en tempos de pandemia
A nosa Banda de Música está sempre presente na cidade, é imprescindible. Compostela non pode vivir sen a súa Banda Municipal. En tempo de pandemia nos acompañaron primeiro dende casa, agora xa dende a rúa. Tiven a honra de poder compartir con Casiano Mouriño e varios compoñentes da institución, as súas vivencias. Enormes. Grazas, por sempre.
xoves, 9 de xullo de 2020
mércores, 8 de xullo de 2020
sábado, 27 de xuño de 2020
O persoal sanitario sae as rúas cunha mensaxe para nós : Coida a quen te coida #SanidadePública #Covid19 #PrecariedadeLaboral #StopRecortes #StopPrivatizacións
Hoxe tivemos a honra de acompañar ao persoal sanitario na nosa primeira manifestación na "nova normalidade". Aquí deixamos a nosa reportaxe e agardamos que vos goste tanto, tanto, tanto que a compartades e vos animedes a seguir coidando a quen coida de nós. A sanidade e os servizos sociais non deben ser un negocio. Temos que defendelos. E un pequeno recordatorio: ide votar o 12 de xullo, con todas as precaucións, pero cando votedes, acordádevos delas e deles. Por respecto, por dignidade. A sanidade pública non se vende, se defende.
Galician Health workers today demonstrating in Compostela. New normality: wearing masks if its not possible to mantain social distancing#SanidadePublica #Galicia #Spain #12X— Pilar Fernandez (@pilaraymara) June 27, 2020
@broadcastscot pic.twitter.com/YVeHRSv7Qy
As @eventuais_loita deixáron un recado en San Caetano: coida a quen te coida, basta de recortes, privatizacións e precariedade laboral. Elas e eles cumpriron con responsabilidade e profesionalidade a súa función. E nós? @rosalia_tv @NosTelevision pic.twitter.com/aMWYv9CjJ7— Pilar Fernandez (@pilaraymara) June 27, 2020
Cada día ás 8 aplaudimos. Hoxe en Compostela diferentes colectivos sanitarios nos piden que non esquezamos o seu esforzo e que os coidemos defendendo a Sanidade Pública #SanidadePublica pic.twitter.com/evRoVLUV3O— RosaliaTV (@rosalia_tv) June 27, 2020
domingo, 21 de xuño de 2020
Admitida a trámite denuncia en Europa das Enfermeiras Eventuais en Loita - Entrevista con Ana Miranda e Silvana Muñoz
Esta semana coñecíamos que o Parlamento Europeo aceptaba a trámite unha denuncia do colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita (grazas a xestión de Ana Miranda (BNG Europa).
Nun momento no que a pandemia deixa ao descuberto as evidentes carencias das políticas da Xunta, esta nova é ainda máis importante. Falei con Silvana Muñoz, e Ana Miranda sobre o tema. Escoitade e compartide
pilaraymara · Entrevista con Enfermeiras Eventuais en Loita (Silvana Muñoz) e Ana Miranda (BNG Europa)
domingo, 14 de xuño de 2020
sábado, 13 de xuño de 2020
A precariedade na Sanidade Pública Galega - Listas de contratación - Sanitarios Parados Obligados #Sergas #Xunta #Saúde
Un pracer falar con Angel e Begoña de Sanitarios Parados Obligados que me explicaron a razón das súas protestas estes días. A mala xestión das listas de contratación e o agravio comparativo entre tipos de contratos é algo que require estudo, atención e solución urxente.
Se queremos ter unha Sanidade Pública de calidade, a situación laboral do persoal contratado debe mellorar canto antes.
venres, 12 de xuño de 2020
Galicia vota o 12 de xullo - Entrevista con Antón Gómez Reino (Galicia en Común) #12X #ElecciónsGalicia
O 12 de xullo temos unha cita nas urnas. As enquisas publicadas ata o de agora vaticinan que non hai alternativa, pero quen decide aos deputados somos nós co noso voto. Hoxe puiden falar con Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común. Aquí vos deixo a entrevista coas propostas e prioridades da súa candidatura.
martes, 2 de xuño de 2020
luns, 1 de xuño de 2020
mércores, 27 de maio de 2020
Eleccións do 12 de xullo de 2020 - Entrevista con Olaia Rodil do BNG
Galicia vota o 12 de xullo, nunha situación moi anormal e cunha campaña moi mermada e desigual para as forzas da oposición. É por iso que estarei encantada de presentarvos esta roda de entrevistas para que coñezades de primeira man as propostas da oposición.
Neste caso tiven o pracer de entrevistar a Olaia Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo. Escoitade e compartide. Grazas
martes, 26 de maio de 2020
luns, 25 de maio de 2020
Interview with Jane and Eric - Lockdown in Dodro (Galicia) #Covid19 #VisitingGalicia #Scotland
We are now in phase 2! Great to meet up with Jane and Eric.
Jane and Eck had to stay in Galicia when the #Covid_19 crisis and the State of emergency started in Spain.
How was it for them?
mércores, 20 de maio de 2020
Preparan accións xudiciais contra Domus Vi e outras - Entrevista con Xoan Antón Pérez-Lema #Covid19 #Residencias #Xustiza
Hoxe falei con Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e asesor xurídico, quen ven de anunciar que se preparan accións xudiciais contra as residencias Domus Vi. Aqueles que queiran información sobre este tema podedes dirixirvos a :
colectivaresidencias@gmail.com
martes, 19 de maio de 2020
sábado, 16 de maio de 2020
Feijóo o temerario e as eleccións á polaca
Di o Sr. Feijóo que está orgulloso de que Galicia vaia ser a primeira en decidir votar en medio dunha pandemia e sen garantías sanitarias nin democráticas; cunha campaña electoral que só lle beneficia a el (non é por casualidade que leva xa dous meses de presenza diaria na TVG culpando ao goberno central de competencias que lle corresponden).
Polonia tivo que suspender precisamente unhas moi polémicas eleccións que ían ter lugar hai unhas semanas. A presión internacional e dos cidadáns polacos en toda Europa enfrentáronse a un goberno de corte conservador dictatorial que si o observamos detidamente, ten moitas similitudes co comportamento dos líderes de VOX e o Partido Popular en todas as autonomías do estado. E non, Feijóo non é diferente.
Feijóo di que Galicia vai ser a primeira. Será porque Urkullu tamén se anima e marca unha vez máis a axenda. Claro que o Goberno do País Vasco ten moito do que presumir e moito peso no Estado.
Pero e Galicia?
Non, Galicia non
Galicia non vai ser a primeira en facer nada agás envellecer a pasos acelerados porque non ten políticas adecuadas. Nin vai ser a primeira en recuperar texido industrial porque as políticas do Sr. Feijóo resultaron ser tan só un titular na Voz y en El Correo Gallego.
Galicia non vai ser a primeira en defender súas competencias ou esixir o traspaso das pendentes; de feito, o Sr. Feijóo pasou os seus 11 anos de goberno sen solicitar unha soa competencia e permitindo que o Goberno central do Partido Popular incumprira o propio Estatuto de Autonomía vulnerando os dereitos do pobo galego que di representar. Agora con Goberno doutra cor, saelle o bravú e pretende facer o que non fixo nunha década.
Galicia non vai ser a primeira en ter bós investigadores porque emigraron todos e os temos esparcidos polo mundo adiante (logo a Voz nos deleitará coa "conexión galega" dos grandes descubrimentos).
Galicia non vai ser a primeira autonomía que defenda os proxectos medioambientais e que pense no rural. Non hai máis que ver o estado de abandono do agro en Galicia, o prezo do leite, as tractoradas e proxectos coma a Mina de Touro-O Pino.
Galicia non vai ser a primeira potencia pesqueira e marisqueira. Que lle pregunten aos traballadores e traballadoras do mar que cando chegaron a Europa viron como o marisqueo estaba desaparecido das estatísticas oficiais, e só coa denuncia continua en Bruxelas das propias mariscadoras se puido avanzar un pouco.
Galicia non vai ser a primeira no ranking en prazas de centros sociais e residencias de maiores públicas porque o Sr. Feijóo deu carta branca e privatizou casi todas as prazas dispoñibles (eso sí, pagadas con cartos públicos).
Galicia non vai ser a primeira en facer os test ao persoal sanitario. Galicia non vai ser a primeira en número de camas de hospitais públicos. Galicia non vai ser a primeira en aprobar axudas aos autónomos, nin a primeira en anunciar axudas; Feijóo acaba de facelo á desesperada e cando non lle quedou máis remedio, porque ten que sacar peito para a campaña electoral.
Galicia non vai ser a primeira en xestionar os expedientes dos ERTES, por iso hai miles de galegos e galegas que levan casi dous meses sen recibir un salario... e así poderíamos seguir ata a saciedade.
Galicia, co Sr. Feijóo, segue a ser a última en casi todo. Merecemos un Goberno do que SI poidamos dicir que puxo a Galicia primeiro que nada. E ese non vai ser un Goberno con Feijóo á cabeza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)