Anda nervioso o Sr. Feijóo... Anda preocupado pola formación dun Goberno de
esquerdas e da man dos independentistas... Non recorda o Sr. Feijóo os tempos
nos que Aznar falaba catalán na intimidade. Nin os Gobernos do PP cos
nacionalistas cataláns e vascos. O Sr. Feijóo ten memoria selectiva.
Por suposto, Feijóo prefire reforzar as alianzas coa extrema dereita e o
fascismo que o seu partido ten xa en varias Comunidades. Chámase democracia,
Sr. Feijóo... buscar alianzas para formar gobernos. Gusten ou non gusten.
O Sr. Feijóo critica que haxa gobernos alternativos ao PP-Cs-VOX, porque
xoga ao despiste... primeiro chama á moderación e logo acepta que poden caer
nas mesmas dinámicas marcadas por Abascal e compañía.
O Sr. Feijóo, iso si, non explica como van solucionar o problema do conflito
territorial, nin si vai parar de vez as políticas racistas, xenófobas e
misóxinas que o seu partido está alentando xa noutras Comunidades (e mesmo xa
nalgúns lugares de Galicia). Nin tampouco como vai resolver o problema da
desertización da poboación en Galicia, nin si vai permitir a desaparición
dos dereitos dos galeg@ falantes, nin explica que vai facer coa super crise do
Sergas que o seu Goberno fomentou; tampouco vai dar explicacións do que fixo
cos super contratos de Pémex, que ían crear máis de 1000 postos de traballo no
sector naval...
Feijóo ponse nervioso cunha alianza de esquerdas no Estado. Ponse nervioso
ante a posibilidade de que o tema catalán por fin poida ter unha saída... ao
fin e ao cabo, foi o seu partido, o PP, quen dinamitou as canles democráticas e
constitucionais ao bombardear un novo Estatuto que xa era LEGAL, e se alimentou
(ao igual que outros en Catalunya) de campañas de confrontación e odio para
tapar toda a podremia e corrupción da que durante moitos anos deu de comer a
uns poucos e empobreceu á grande maioría. Feijóo está nervioso. O 2020 pode
ser, debe ser, ano de cambio de Goberno na Xunta. E el o sabe. É tempo de
traballar para facer posible ese cambio de goberno se queremos que Galicia
poida ter oportunidades de recuperarse desta desfeita do Partido Popular que xa
dura unha década... e non... a culpa non a ten o bipartito...
Ningún comentario:
Publicar un comentario