luns, 30 de decembro de 2019

Tempo de cambio: traballemos para que sexa posible #Galicia #2020


Anda nervioso o Sr. Feijóo... Anda preocupado pola formación dun Goberno de esquerdas e da man dos independentistas... Non recorda o Sr. Feijóo os tempos nos que Aznar falaba catalán na intimidade. Nin os Gobernos do PP cos nacionalistas cataláns e vascos. O Sr. Feijóo ten memoria selectiva.

Por suposto, Feijóo prefire reforzar as alianzas coa extrema dereita e o fascismo que o seu partido ten xa en varias Comunidades. Chámase democracia, Sr. Feijóo... buscar alianzas para formar gobernos. Gusten ou non gusten.

O Sr. Feijóo critica que haxa gobernos alternativos ao PP-Cs-VOX, porque xoga ao despiste... primeiro chama á moderación e logo acepta que poden caer nas mesmas dinámicas marcadas por Abascal e compañía.

O Sr. Feijóo, iso si, non explica como van solucionar o problema do conflito territorial, nin si vai parar de vez as políticas racistas, xenófobas e misóxinas que o seu partido está alentando xa noutras Comunidades (e mesmo xa nalgúns lugares de Galicia). Nin tampouco como vai resolver o problema da desertización da poboación en Galicia, nin si vai permitir a desaparición dos dereitos dos galeg@ falantes, nin explica que vai facer coa super crise do Sergas que o seu Goberno fomentou; tampouco vai dar explicacións do que fixo cos super contratos de Pémex, que ían crear máis de 1000 postos de traballo no sector naval...

Feijóo ponse nervioso cunha alianza de esquerdas no Estado. Ponse nervioso ante a posibilidade de que o tema catalán por fin poida ter unha saída... ao fin e ao cabo, foi o seu partido, o PP, quen dinamitou as canles democráticas e constitucionais ao bombardear un novo Estatuto que xa era LEGAL, e se alimentou (ao igual que outros en Catalunya) de campañas de confrontación e odio para tapar toda a podremia e corrupción da que durante moitos anos deu de comer a uns poucos e empobreceu á grande maioría. Feijóo está nervioso. O 2020 pode ser, debe ser, ano de cambio de Goberno na Xunta. E el o sabe. É tempo de traballar para facer posible ese cambio de goberno se queremos que Galicia poida ter oportunidades de recuperarse desta desfeita do Partido Popular que xa dura unha década... e non... a culpa non a ten o bipartito...

martes, 17 de decembro de 2019

Rosalía de Castro xa é unha estrela!! // Rosalía de Castro is a star! -- Press Conference IAU100 #NameExoWorld #Results Announcement #RosaliadeCastro #Science









domingo, 15 de decembro de 2019

Interview with Gary Kelly about All Under One Banner 2020 - #Scotland #Indyref2020 #Indyref2 #Right2Decide








martes, 10 de decembro de 2019

Un violador en tu camino - Santiago de Compostela #Unvioladornoteucamiño


Dende #Compostela, en solidariedade coas mulleres de Chile e de todo o mundo Desde Santiago de Compostela, en solidaridad con las mujeres de Chile y de todo el mundo From Compostela, in solidarity with the women of #Chile and all around the world #UnVioladorEnTuCamino



sábado, 7 de decembro de 2019

Interview with Lizzie Eldridge in Malta #CaruanaGaliziaCase #DaphneCaruanaGalizia #MSM #Malta #Corruption #Inquiry







Interview - Audio