Como cada outono, e grazas á colaboración de Alberte Granja, experto en Micoloxía, tamén este ano a Eira da Xoana desenvolverá unha Xornada micolóxica.
Será o domingo, 17 de novembro. Iniciarase ás 11 da mañá cunha charla introdutoria, continuará con identificación e recollida de setas no contorno da Eira, seguirá coa separación dos exemplares comestibles e rematará coa utilización destes para acompañar as viandas que cada quen leve para o xantar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario