mércores, 30 de xaneiro de 2019

O Reino Unido afúndese un pouco máis // The UK sinks a little bit more #Brexit #BrexitShambles #ToryLabourBrexitShambles #UK #EU #GFA

A de onte non foi máis que outra sesión caótica e esperpéntica no Parlamento Británico. 
Tras máis de dous anos de negociacións para chegar a un acordo de May coa UE que foi rexeitado polo Parlamento e co escollo de Norte de Irlanda e os procesos de paz que enfrontan grave e real perigo, onte elevouse o absurdo un grao máis alto se cabe.

Emendas contradictorias derrotadas; emendas vinculantes para frear ou prorrogar o Brexit e para evitar un non-acordo foron rexeitadas con votos dos Tories e dos Laboristas. 

Máis tarde unha emenda non vinculante semellante á vinculante para evitar ao Reino Unido sair sen acordo foi aprobada. 
O máis preocupante: a emenda que pedía renegociar a parte sobre a fronteira entre as dúas Irlandas gañou e dez minutos máis tarde en comunicado oficial a UE repetía que esa parte NON se ía tocar.

Preguntados insistentemente pola alternativa que van propór para esa #backstop, ninguén sabe explicar que alternativa teñen ou van tratar de buscar. Ninguén sabe nada

O Reino Unido iráse o 29 de marzo. O Reino Unido está xa afundido e veremos se sobrevive enteiro desta desfeita

















mércores, 16 de xaneiro de 2019

Unha derrota contundente de Theresa May / A huge defeat of Theresa May #Brexit #MeaningfulVote #BrexitShambles #PeoplesVote #Indyref2



A Primeira Ministra escocesa trasládase a Londres onde vai ter lugar o debate e votación da moción de censura presentada polo laborista Corbyn e apoiada polo SNP.

Insiste Nicola Sturgeon na celebración dun segundo referendo sobre