O
nivel de estupidez na política empeza medíndose polos Tories montando unha cortiña de
fume contra un Corbyn que reaccionou a un comentario estúpido de Theresa May
(non sei o que dixo, só sei que estaba enfadado, e con razón). Logo todo
continúa co circo mediático centrándose en estupideces.
De
súpeto todo o mundo fala de estupideces. Os Tories xesticulan e se mostran
indignadísimos; si, os mesmos Tories que aprobaron a chamada #rapeclause (pola
que unha muller que teña máis de dous fillos debe probar que o terceiro (ou
cuarto) fillo foi froito dunha violación para acadar un subsidio por dita
crianza); os mesmos Tories que levan anos de abusos e acoso laboral contra
traballadoras e deputadas en Westminter, segundo nos contan os informes
oficiais. #MeToo
No
medio de todo o fume deixa de informarse da moción de censura que o escocés
SNP, o galés Plaid, Verdes e LibDems presentan contra May e que Corbyn non
apoia máis preocupado en non definir o seu plan alternativo de Brexit e que non
se note nin que son alternativa ao Goberno de May, nin que tampouco son o que
moitos agardaban dunha oposición responsable... os cánticos de “oh, Jeremy
Corbyn” difumínanse no ár envoltos en sonora decepción.
E
namentres, Theresa May e o seu Goberno continúan en desacato, e a prensa o
ignora totalmente, máis preocupados que están con estupideces... con
estupideces importantes, seica.
Deixa
de falarse do novo plan de inmigración (de tintes claramente racistas e xenófobos),
do caos do Brexit e dos pagos á DUP en negro, da corrupción da campaña #LeaveEU e
doutras moitas cousas que por suposto non veredes porque os medios en España
tampouco publican #bias
A
BBC, outrora modelo de obxectividade, funciona como plataforma propagandística
da élite conservadora británica e do Goberno de May. Censura, manipulación,
consignas. Logo nos falarán sobre as “fake news” os mesmos que as cociñan e
nolas presentan como feitos probados.
Qué
facemos coa prensa? Que facemos con estas pantomimas? Que facemos para que nos
informen das cousas que realmente importan e que marcan a podredume da dereita
europea e a ineptitude da social democracia? Pechamos o ano con caos, veremos
2019.
Oxalá
chegue con boas formas, diálogo e solucións para as encrucilladas nas que a
mediocridade política empuxa a millóns de cidadáns que queren vivir con paz,
respecto e dignidade. Só nos queda non ser nin actuar coma os mediocres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario