xoves, 20 de decembro de 2018

NOTA : Sobre o #Brexit e estupideces varias


O nivel de estupidez na política empeza  medíndose polos Tories montando unha cortiña de fume contra un Corbyn que reaccionou a un comentario estúpido de Theresa May (non sei o que dixo, só sei que estaba enfadado, e con razón). Logo todo continúa co circo mediático centrándose en estupideces.

De súpeto todo o mundo fala de estupideces. Os Tories xesticulan e se mostran indignadísimos; si, os mesmos Tories que aprobaron a chamada #rapeclause (pola que unha muller que teña máis de dous fillos debe probar que o terceiro (ou cuarto) fillo foi froito dunha violación para acadar un subsidio por dita crianza); os mesmos Tories que levan anos de abusos e acoso laboral contra traballadoras e deputadas en Westminter, segundo nos contan os informes oficiais. #MeToo

No medio de todo o fume deixa de informarse da moción de censura que o escocés SNP, o galés Plaid, Verdes e LibDems presentan contra May e que Corbyn non apoia máis preocupado en non definir o seu plan alternativo de Brexit e que non se note nin que son alternativa ao Goberno de May, nin que tampouco son o que moitos agardaban dunha oposición responsable... os cánticos de “oh, Jeremy Corbyn” difumínanse no ár envoltos en sonora decepción.

E namentres, Theresa May e o seu Goberno continúan en desacato, e a prensa o ignora totalmente, máis preocupados que están con estupideces... con estupideces importantes, seica.

Deixa de falarse do novo plan de inmigración (de tintes claramente racistas e xenófobos), do caos do Brexit e dos pagos á DUP en negro, da corrupción da campaña #LeaveEU e doutras moitas cousas que por suposto non veredes porque os medios en España tampouco publican #bias

A BBC, outrora modelo de obxectividade, funciona como plataforma propagandística da élite conservadora británica e do Goberno de May. Censura, manipulación, consignas. Logo nos falarán sobre as “fake news” os mesmos que as cociñan e nolas presentan como feitos probados.

Qué facemos coa prensa? Que facemos con estas pantomimas? Que facemos para que nos informen das cousas que realmente importan e que marcan a podredume da dereita europea e a ineptitude da social democracia? Pechamos o ano con caos, veremos 2019.
Oxalá chegue con boas formas, diálogo e solucións para as encrucilladas nas que a mediocridade política empuxa a millóns de cidadáns que queren vivir con paz, respecto e dignidade. Só nos queda non ser nin actuar coma os mediocres.


venres, 14 de decembro de 2018

Sr. Feijóo: eu tamén reitero a pregunta #VenresNegro30CRTVG #DefendeAGalega // Sr. Feijóo: I reiterate the question #GalicianPublicTV #Bias #Censorship #Galicia


(Black Friday 30)
is the hashtag that many journalists are using today to reiterate a question from a photo journalist to the Galician President who yesterday took the question, didn't like the question & then decided not to answer it!



The Scottish #ContinuityBill: legal and competent // A Lei de Continuidade para Escocia: legal e competente #Brexit #Scotland #ScotsLaw














luns, 10 de decembro de 2018

Interview With Elaine Whyte from the Communities Inshore Fisheries Alliance via @PoliticsScot #Fisheries #Fishing #Brexit #Scotland #InshoreFishing

Revocability of #Article50 // Revocabilidade do Artigo 50 #Brexit #ScotsLaw #ScottishChampions


A iniciativa de presentar este caso nos Tribunais partiu de deputados e eurodeputados escoceses co apoio do Parlamento escocés e dun grupo de avogados en Londres. Fantástico resultado que bota por terra outra das mentiras de Theresa May e dos Tories. 

O Goberno británico tentou por todos os medios, pagando con fondos públicos, bloquear o caso e impedir que chegase ao Tribunal de Xustiza Europeo pero non o conseguiu. 

Agora a posibilidade de revocar o artigo 50 e paralizar Brexit (ao menos momentaneamente está enriba da mesa. A sentencia non admite apelación.