Deberíamos estar eternamente agradecidas con xente que mira polo noso patrimonio cultural. Tal riqueza queda plasmada en parte polos seus estudos e os seus libros pero tamén con exposicións coma esta que vos recomendo visitedes na Casa do Cabildo, Praza das Praterías en Compostela. Aquí deixo pinceladas persoais dunha exposición que aos que somos fill@s de músicos e compostelan@s seguro que nos trae uns recordos fermosísimos. Tócanos defender este legado a tod@s. Mil grazas Bea Cancela e Alberto Cancela
Sempre é un luxazo falar con Bea Cancela, a persoa que máis sabe da Banda de Música de Santiago de Compostela. Nesta ocasión falamos da Exposición do 170 aniversario da Banda de Música da nosa cidade que estará aberta ao público ata o mediados do mes de novembro.
Qué maravilla,sen dúbida unha gran aportación ao patrimonio cultural. E tamén altamente emotiva. Enoraboa por todo o traballo previo,o resultado é fermosísimo.
ResponderEliminar