Un gran evento que tivo lugar en Compostela para celebrar a figura da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro
E sabías cantas cousas se están a facer arredor de Rosalía?? Todas están no #FestivalRosalía, na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela. @DACCultura Mira, mira...
The former UK Health Minister Edwina Currie gives a frank and exclusive interview about Europe, politics, life, and John Major. Once the second best known politician in the country, the ever forthright Edwina casts a rule over the Tory hopefuls intent on inheriting Theresa May’s crown and tells Alex the inside story of the great eggs controversy which ended her ministerial career but projected her into a life of writing novels and broadcasting.
Hai xa meses dende que mandei este artigo en memoria de Kathy McMahon, fundadora de Irish First Mothers sobre os bebés roubados en Irlanda; por algunha razón que desconozo o artigo non veu a luz, polo que o comparto agora con vós, ao calor do que a prensa e a televisión están recollendo estas semanas. Sen dúbida, o tráfico de bebés é un asunto mundial e coa clara implicación de institucións relixiosas e mesmo de altos estamentos de poder. É precisa unha investigación a grande escala, tal e como ven recordando a ONU nalgúns casos.
Hai unhas semanas tiven a honra de entrevistar a Kathy McMahon, fundadora
da organización Irish First Mothers. A longa eagradable conversa que mantivemos tivo lugar
uns días antes de que ela emprendera unha viaxe a Xeneva e a morte a sorprendera
de xeito súbito nesta cidade. Souben do seu pasamento xusto no momento no que
estaba traducindo a nosa entrevista. Fiquei conmocionada.
Entendín que a mellor homenaxe que lle podía brindar era precisamente
explicar a súa loita por unha causa que afectou e afecta a milleiros de
mulleres. Irish First Mothers queda agora en mans das súas compañeiras
que, por certo,xa me transmitiron a súa
intención de continuar ata chegar ao final.
O noso primeiro encontro tivo lugar hai máis de dez anos. Contoume da súa
traxedia, mais naquel momento o meu inglés era demasiado limitado coma para
entrar en profundidades. Kathy non só foi vítima da subtracción do seu primeiro bebé
senón que tamén sufriu a perda doutro fillo nun accidente de tráfico do que ela
milagrosamente saíu con vida.
Existen casos de bebés roubados e tramas de tráfico humano en moitísimos
países. Na maioría dos casos o común denominador é a carencia de lexislación
que controlaba as adopcións e as persecucións e castigos infrinxidos ao sector feminino
da sociedade por cuestións de raza, ideoloxía ou relixión; este tema sen dúbida
semella un relato de terror ou suspense mais foi unha realidade que aínda
agarda por investigacións adecuadas e reparación para as vítimas.
O caso dos bebés roubados no Estado
español está dende hai anos en mans dos Tribunais e paralizado ata tal punto
que en 2017 varias organización pediron reunirse co Presidente do Consejo General del Poder Judicial
y del Tribunal Supremopara urxirlle unha rápida resolución das
miles de denuncias cursadas.
Como noutros moitos casos o tempo xoga en contra das vítimas.
En Irlanda, en concreto, as chamadas “mulleres caídas” son as protagonistas
dunha realidade que deixa en evidencia como comunidades afíns á Igrexa Católica
teñen moito que explicar, que reparar e polo que pedir perdón.
“Mulleres caídas... mulleres
caídas” – repetimos ao
unísono conscientes dos milleiros de mulleres que sufriron aldraxes, vexacións
e maltratos continuados en mans de quen baixo o ultra-catolicismo irlandés
esixía ás mozas pureza, boa conducta e exemplaridade. A penitencia que tiveron
e que teñen que padecer estas mulleres é infinita aínda hoxe.
Explicábame Kathy que ao igual que no caso español dos bebés roubados,
existen dous períodos ben diferenciados que van dende 1922 aos anos sesenta e
un segundo de 1966 ata fin dos anos noventa. As palabras soidade e vergonza son
fundamentais para entender esta loita valente das verdadeiras vítimas do tráfico
de bebés.
Reclaman xustiza, reparación e recoñecemento. Están fartas de seren
acaladas.
Tedes apoio de asociacións de dereitos humanos ou de plataformas
feministas? – pregunteille
“Absolutamente ningún apoio nin
de plataformas feministas e, de feito, tampouco de organizacións políticas.
Achegábanse a nós e en canto deixaban a parte compasiva e emocional e vían que
había reivindicacións políticas e cuestións de dereitos humanos en xogo, a
xente afastaba de nós”contábame Kathy.
Un dos escándalos, o caso das lavandarías
da Magdalena, é moi coñecido porque o
filme “Las hermanas de la Magdalena”
relatou dun xeito demoledor o que aconteceu neses centros. A Igrexa non tivo
máis remedio que recoñecer as aberracións e pedir perdón.
Mais foi o escándalo de Tuam o
que fixo que Irish First Mothers intensificara
a súa acción dun xeito máis contundente. Oculto durante décadas, descuberto
pola historiadora Katherine Corless en 2014 e confirmado oficialmente en 2017, este caso destapou a existencia
dunha fosa sépticaonde se atoparon centos de restos de bebés e que
estaba situada nun antigo convento de monxas que funcionaba como “Fogar para
nais e bebés”. O caso impactou ao mundo polo seu horror. Pero isto, segundo
Kathy, é tan só a punta do iceberg.
O catro de febreiro de 2017, Kathy McMahon en nome da súa organización enviou
carta á Fiscal Xeral de Irlanda esixindo que o Estado iniciase unha
investigación ao abeiro da Lei de Xenocidio de Irlanda.
Tuam sen dúbida, marca un antes e un despois.
Había ducias de centros semellantes por toda Irlanda que funcionaron do mesmo
xeito durante décadas. Acollían a mozas solteiras que “caeran en desgraza” coa
súa preñez, en moitos casos froito dunha violación. Castigadas e rexeitadas
pola sociedade ultra-católica, non tiñan máis opción que acudir a estes centros
onde permanecían durante o período de embarazo, parían e posteriormente eran obrigadas
a deixar ao seu bebé alí. Non tiñan outra opción. Moitos dos cativos e cativas
que morreron neses centros non eran bautizados porque eran “fillos do pecado ou fillos concibidos fóra do sagrado matrimonio”,
polo que tampouco se lles daba sepultura cristiá senón que eran depositados
nunha fosa común.
“Irish First Mothers creouse hai catro anos, en febreiro de 2014,
como grupo de apoio a mulleres que sufriron o roubo ou subtracción por coacción
do seu primeiro bebé. Mais tras o descubrimento das fosas de Tuam, no condado
de Galway, decidimos emprender accións e formar parte activa para esclarecer a
verdade sobre este tema”
– explicaba Kathy ao tempo que me daba as razóns polas que queren que se
investigue o tema como un caso claro de xenocidio e tamén como se lles impide
ter acceso aos rexistros e á información esencial á que teñen dereito.
A cobertura nos medios de comunicación é fundamentalmente sensacionalista e
ocultando en todo momento as cuestións de fondo. A fundadora de Irish First Mothers denunciaba un interese
por parte das institucións por facer ver que os nenos e nenas roubados e que
foron adoptados gozaron dunha vida mellor estando coas súas familias de
adopción, maiormente pertencentes á clase alta e á elite irlandesa. Queren
lavarlle a cara a esta violación sistemática de dereitos humanos. A traxedia das
nais solteiras, as verdadeiras vítimas, agóchase. Moitas foron estigmatizadas
de por vida, pero iso non se conta.
Fintan Dunne, parella de Kathy é o voceiro da asociación, foi elixido polo
Goberno para formar parte da Comisión de Investigación. Pero a xestión da mesma
e os obxectivos marcados pola Ministra de Irlanda para a Infancia e a Xuventude,
Katherine
Zaponne,demostran que non hai
intención real de investigar en profundidade.
“Estas mulleres merecen que
todo o mundo coñeza a verdade; merecen xustiza e que o Estado asuma a parte das
responsabilidades que lle toca. Irish First Mothers non tiveron sequera
a posibilidade de participar plenamente nesta Comisión, nin de ter acceso a
toda a información. Todo foron trabas para intentar acalaras súas voces”
Por esta razón, Dunne denunciou que a Comisión é un lavado de imaxe do
Goberno e que non se vai facer xustiza e decidiu abandonar o Comité chamando ao
boicot do que cataloga como unha “farsa”.
A partires de agora as mulleres de Irish First Mothers terán que valorar e
analizar os seus pasos seguintes. Unha loita de Davide contra Goliat pero que
están dispostas a levar adiante.
Kathy McMahon iniciou un camiño complexo, pero cumpriu a súa misión:
“Como nai o meu rol en Irish
First Mothers era axudar a concienciar ás mulleres dos seus dereitos, a
eliminar a culpabilidade. Axudalas a crer en si mesmas e facer valer a nosa voz
para acadar a xustiza, o recoñecemento e a reparación que merecemos”
A entrevista rematou cunha mensaxe de solidariedade para todas as mulleres
de distintas nacións que non se renden na súas reivindicacións. Unha mensaxe de
forza para continuar loitando por acadar a xustiza ata agora inexistente. A
verdade ten que saír á luz. Esa mesma luz que nos deixou Kathy co seu exemplo e
que vai servir de inspiración e guía a outras moitas vítimas dunha sociedade
que as marcou para sempre.
This week’s show examines the prospects of a new Centre Party, that may realign British politics on a pro-European platform. Alex’s guests from across the political spectrum point to a lack of identifiable leadership as the key obstacle to success. The Alex Salmond Show broadcasts on etc.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30 (GMT) on SKY 511 and FREEVIEW 113.
This week’s Alex Salmond Show continues its series on Britain’s rail travel – this time focusing attention on fast rail and HS2. Alex and Tas speak to Mick Whelan, general secretary of the train drivers’ union, ASLEF, and a panel of anti HS2 campaigners from London’s Camden Town area.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30 (GMT) on SKY 511 and FREEVIEW 113.
In this, the third program in a series on Britain’s railways, The Alex Salmond Show looks specifically at how the building of HS2 is impacting London communities.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30 (GMT) on SKY 511 and FREEVIEW 113.
Cun pouco de atraso xa podedes ver o video resumo da "Marcha pola Dignidade dos Medios Públicos Galegos" Recordade que tamén podedes todas as nosas reportaxes en: www.rosaliatv.com
Video resumo en galego // Video summary in Galician language
Vexo que @obloque@En_Marea e @PSdeG piden a reprobación do Presidente da CRTVG namentras o Sr. Feijóo parece non entender que ainda que non vexa a TVG hai que cumprir a lei#DefendeAGalega
Faltan seis días para a manifestación do 8 de setembro pola dignidade dos medios públicos. Comezaremos nas instalacións da CRTVG en San Marcos e acabaremos na Praza de Praterías de Compostela. Esperámosvos #euvouo8S#CRTVGdetodas#CRTVEdetodas#DefendeAGalega