mércores, 13 de xuño de 2018

Quen defende a Escocia? (E a Gales? E a Irlanda do Norte?) // Who is standing up for Scotland? (and for Wales? and for N. Ireland?) #Brexitshambles #Scotland #Devolution #EUWithdrawalBill #Brexit

Onte tivo lugar o debate das emendas presentadas pola Cámara dos Lores ao proxecto de lei de desconexión do Brexit.

Nel tiñan que ser debatidas as emendas correspondentes ás que afectan a soberanía e as competencias que legalmente teñen os Parlamentos de Escocia, Gales e a Asamblea de Irlanda do Norte. 

Polo tipo de procedemento arcaico que segue a Cámara dos Comúns, tan só quedaron 15 minutos para tratar un tema tan transcendental e tan só o Ministro para Brexit tivo a palabra, provocando unha imaxe surreal de case 70 minutos de puntos de orde por parte dos deputados do SNP, visible e comprensiblemente enfadados. O Speaker entendendo o enfado suxería que o Goberno debería prestar atención de abrir un novo prazo para un debate adecuado. Poucos cren que isto sexa posible e a fenda creada entre os Goberno de Theresa May e o Parlamento de Holyrood en Escocia cada día medra máis. A grande maioría agardan con ansiedade que os seus deputados marchen de Westminster e se poña en marcha un referendo de independencia coma única solución a salvar a Escocia da queima do caótico e destrutivo Brexit. 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario