venres, 25 de maio de 2018

A Comisión de Crecemento Sostible : Cara a unha exitosa Escocia independente // The Sustainable Growth Commission : a very successful Scotland

O informe da Comisión de Crecemento Sostible vén de ser publicado en Escocia. Un informe completo que explica as posibilidades que tería Escocia como nación independente. Importantísimas mencións á economía, á divisa e á inmigración. 

En canto á divisa esta semana o Gobernador do Banco de Inglaterra, Mark Carney,  confirmou o que xa se sabía no 2014 pero que foi un dos cabalos de batalla durante o debate económico entre Better Together e Yes Scotland. Unha Escocia independente podería, sen problema, usar a mesma divisa que o resto do Reino Unido 

E en canto á inmigración, campaña "Come to Scotland" (Ven a Escocia)  denota claramente a posición integradora do Goberno de Nicola Sturgeon que discrepa abertamente cos argumentos mesmo racistas que membros do Goberno británico e tamén algúns laboristas manteñen. Escocia necesita non só de inmigrantes senón do reforzo dos seus vínculos internacionais. 

Presenta o informa unha extensa e meticulosa valoración de como afectaría a independencia na economía no día a día á poboación escocesa e o coste da independencia. Este documento vai ser debatido ata o verán e se recollerán as impresións derivadas do debate. 

Por suposto isto ten moito que ver coa deriva do Brexit, o caos do unionismo, a intención dos Tories de recentralizar Reino Unido e o mandato gañado nas urnas por Nicola Sturgeon para a realización dun segundo referendo de independencia que xa é imparable. 
Ainda que moitos medios informan coma se isto fóra algo novo, a Primeira Ministra escocesa non mudou en absoluto a súa primeira postura : en canto teñan claras as condicións finais de Brexit, e cóntase que iso sexa para o outono, anunciará oficialmente a súa decisión. E recordemos que xa non é unha cuestión do SNP, senón do Parlamento escocés. 

Xunto con este informe oficial da Comisión de Crecemento Sostible publica tamén o Scottish National Party unha campaña : We can (podemos) 

Pódese acceder a toda a información nestes videos e  links:










A better economic future for Scotland: what you need to know

We can





Ningún comentario:

Publicar un comentario