A nosa última
visita a Escocia pretendía plasmar as distintas visións sobre Brexit e amosar como
este proceso vai afectar ao futuro dos pobos do norte. Recentemente aprobadas
nos Parlamentos escocés e na Asemblea de Gales as respectivas Leis de
continuidade, o debate sobre o comportamento neglixente, contraditorio e irrespectuoso
do Goberno británico debúxase na prensa británica e polo tanto é un fervedoiro
nas redes sociais.
Pensamos que era
bo momento para preguntar a fondo sobre o caso escocés, onde o 62% da poboación
votou en contra do Brexit e pola permanencia na UE. Interesante remarcar que no
restante 38% residen moitos votos pro-independencia críticos coas políticas
comunitarias. E precisamente é neste dato onde se fundamenta agora o debate
interno da conveniencia ou non de promover un segundo referendo de
independencia en Escocia, dos argumentos a utilizar para convencer á maioría da
poboación e dun máis que posible futuro fóra do Reino Unido.
Mais o día
anterior a viaxar, algo acelerou e fixo mudar a nosa axenda: o caso de ClaraPonsatí. A piques de entregarse nunha comisaría en Edimburgo provocou que dende
o primeiro día nos viramos envoltos nunha treboada de manifestacións,
declaracións, preguntas e mecenados a favor da ex-consellera catalá.
This today in Edinburgh was very impressive#Catalonia #ClaraPonsati #Escocia pic.twitter.com/REMpylRwUF— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 28 de marzo de 2018

Xa durante a espera
do noso voo dende Vigo coñecíamos que o mecenado lanzado polo seu avogado
superara en menos de dúas horas as corenta mil libras que pedían e a recadación
continúa aumentando a día de hoxe. Tratando de lembrar unha resposta así de
contundente e exemplar, tan só nos viña á mente os mecenado que a páxina pro
independentista Wings Over Scotland
lanzou durante a campaña de 2014.
Aamer Anwar,
prestixioso activista polos dereitos civís, avogado especializado en dereitos
humanos e Reitor da Universidade de Glasgow é quen defende a Clara Ponsatí. Nas
súas entrevistas para diversos medios deixou ben claro que a súa defendida non
podería ter un xuízo xusto en España e que os argumentos nos que se fundamenta
a euro orde de arresto amosan unha clara persecución política.
Tiven a honra de coñecer e entrevistar persoalmente a Tricia Marvick, ex Presidenta do Parlamento escocés que estaba presente para amosar, unha vez máis, o seu apoio ao pobo de Catalunya. “Ten que haber un referendo para o pobo catalán, vai haber un referendo. Isto non pode continuar así, é unha vergonza para Europa”.
Tricia amosaba a
súa indignación sobre os titulares da prensa española que acusaban ao Gobern de ter pagado para que
observadores internacionais estiveran presentes o 1 de outubro. Ela, ao igual
que as persoas que a acompañaron, pagaron do seu propio peto todos os gastos.
A pantasma do
franquismo, da corrupción na política española, da ausencia de separación real de
poderes no Estado español estaban presentes en todas as entrevistas que
puidemos facer recen chegados do aeroporto. A propia ITV entrevistábame sobre o
caso; a miña resposta foi moi precisa: “Temos un goberno fascista que trata de
ocultar os seus múltiples casos de corrupción con Cataluña. Se expertos en leis
españolas, maxistrados, letrados, ex-membros dos Tribunais Supremo e
Constitucional, profesores de Dereito cuestionan e critican este proceso e
mesmo hai quen chama a estes políticos cataláns “presos políticos”,
reflexionade un momento...É urxente unha solución política e democrática, non
un proceso xudicial máis que cuestionable”
Catalunya sen
dúbida é un tema no que os escoceses manteñen un ollo enriba. Moitos, mesmo
votantes contra a independencia, critican con contundencia a neglixencia,
irresponsabilidade e mesmo o fascismo do Goberno de Mariano Rajoy e de
Ciudadanos. Coñecen as siglas, infórmase de todos os detalles... e teñen medo
de que algo semellante poida acontecer nun futuro en Escocia.
A nosa axenda, por
suposto, cumpriuse. Preguntamos sobre Brexit, devolución, dereitos
humanos, leis, de políticas sociais...
pero Cataluña estaba en todas partes.

Pregunteille se a
carencia de transparencia por parte do Goberno de May, que contrastaba coa
claridade e coherencia do Goberno escocés, formaba parte dunha estratexia de
negociación; a resposta foi contundente: o xeito en que Reino Unido está
levando as negociación amosa que son uns incompetentes e que están ignorando
completamente os consellos dos profesionais. Augura unha radicalización cara a
dereita nos vindeiros anos, o cal é moi preocupante para Escocia.

Christina McKelvie
insiste en que a Primeira Ministra, Nicola Sturgeon está facendo todo o posible
dende o minuto un para garantir os dereitos dos cidadáns europeos en Escocia.
“Necesitamos emigración, queremos emigración, necesitamos xente que veña aquí,
a vivir aquí, a traballar aquí, a botar raíces aquí”, explica a deputada
nacionalista.

Moi coidadoso con
mesturar ámbolos dous procesos, Peter A. Bell di que Europa ten agora que
intervir. A EU non é un súper Estado, mais o que acontece en España é indixerible.
Alguén terá que tomar decisións e afrontar esta clara persecución política que
estamos a presenciar e que racha de vez co que todos entendemos por democracia.
A nosa última
entrevista tivo lugar nos estudos de Broadcasting Scotland coa
responsable do proxecto, Linda Graham. Broadcasting
é unha nova plataforma informativa nacida con vistas a un novo tempo político. A
cuestión das fake news, e o escándalo
de Cambridge Analytica afecta tamén, e moito,
á axenda escocesa.
What amazing and important work from Linda Graham @broadcastscot— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 30 de marzo de 2018
Please support this project, it is our project! Delighted to collaborate as a volunteer and to subscribe to 😍#FullScottish #Scotland@7 pic.twitter.com/E1nJKtI9VT
Con ela falamos da
importancia das palabras e da manipulación cada día máis evidente en canles de
televisión como a BBC. Sesgo e manipulación nacen dunha clara axenda política e
buscan sen dúbida adoutrinar á poboación. A situación da prensa empeora e
preocupa moito en Escocia.
Broadcasting Scotland ten as vistas postas na actualidade con programas como “Full Scottish”
que se emite os domingos ou o informativo emitido de luns a venres “Scotland @ 7”.
Polo momento subsisten grazas ás subscricións e aportacións individuais mais
pouco a pouco vanse fortalecendo con especiais sobre Cataluña, Brexit, os
orzamentos gobernamentais, música e cultura escocesa etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario