luns, 30 de abril de 2018

Full Scottish - 29/04/2018 via @broadcastscot #FullScottish #News #Scotland #Music #Gaelic #Debate #Windrush


On this week's Full Scottish, guests, Gaelic singer and broadcaster. Joy Dunlop and playwright, Peter Arnott discuss the important events in the news, from the National plan for Gaelic, to the passing of the Scottish Social Security Bill, to Korea, Trump and Windrush.

Expect thoughtful and intelligent analysis and some beautiful Gaelic singing from Joy.









xoves, 26 de abril de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 24 - Alex Salmond explores Scotland Week in New York #US #NewYork

Filmed through the prism of Tartan Week in New York, the Alex Salmond Show explores the influence of Scots on present-day America. Alex interviews one of the leading kilt makers in the world, Howie Nicholsby, and enters one of New York’s most exclusive private members clubs, Norwood, founded by Alan Linn. 
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113.  

luns, 23 de abril de 2018

RECOMENDADO : 17 DE MAIO, MANIFÉSTATE POLA LINGUA #17M #GalicianLiteratureDay #Language #Galicia #GZ








Os traballadores de Xustiza acampan en San Caetano // Galician Court workers camping in San Caetano #Galicia #Justice #Court #Strike #GalicianGovernment #FolgaXustiza

Hoxe traballadores de Xustiza decidiron acampar en San Caetano ata que o Sr. Rueda negocie e xuntos poidan atopar unha solución a esta situación. Dende aquí a miña solidariedade


Today workers of the Galician Court, after more than two months on strike, decided to start an encampment in front of the Galician Government Building. From here my full support and solidarity 

#FolgaXustiza







Video in English












Actualización do 27 de abril de 2018

Full Scottish - 22/04/2018 via @Broadcastscot #Scotland #News #Debate #Politics #Music #FullScottish #rapeclause #shipyards


Follow and support Broadcasting Scotland! 




domingo, 22 de abril de 2018

21 e 22 de abril de 2018: Viva o #BanquetedeConxo! #Compostela #Historia #Memoriahistórica #Orde #Fraternidade










Podedes ver os videos do roteiro polo Bosque do Banquete de Conxo tamén na miña canle de youtube: Video 1 - Video 2 - Video 3







Interview with Gary J. Kelly - All under one banner - March in #Glasgow



xoves, 19 de abril de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 23 - On the legacy of Andrew Carnegie #Scotland #US #NewYork #CarnegieHall



This week’s Alex Salmond Show comes from arguably the greatest concert venue in the world – New York’s Carnegie Hall. In an interview with the Hall’s historian, Gino Francesconi, Alex gets a unique insight into the work of the most influential American Scot of all time, Andrew Carnegie. During his lifetime, Carnegie not only went on to become the wealthiest man in the world but also one of the greatest philanthropists in history…
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113.  

luns, 16 de abril de 2018

RECOMENDADO: Foliada contra a Mina #Touro #Galicia #MinaTouroOPinoNON #Not2themine #Party #Foliada #Music (Actualizada )




RECOMENDADO: Banquete de Conxo #Compostela #Cultura #Historia #Política #Sociedade



 






sábado, 14 de abril de 2018

No meu nome NON, NON á guerra #Siria #Notinmyname #No2war #Syria #UN #OPCW















Scotland is Now – A New Way of Looking at Scotland #ScotlandisNow #Scotland #VisitScotland









xoves, 12 de abril de 2018

The Alex Salmond Show - Episode 22 - Lord Wigley #Scotland #Wales #Devolution #Brexit



This week’s Alex Salmond Show turns the spotlight on Welsh politics over the last half century through an interview with Lord Wigley, the former leader of Plaid Cymru.
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113.

luns, 9 de abril de 2018

“Saltires” e “Esteladas” nos ceos de Edimburgo #Escocia #Catalunya #Entrevistas #Política #Actualidade


Un resumo da nosa última visita a Escocia 

A nosa última visita a Escocia pretendía plasmar as distintas visións sobre Brexit e amosar como este proceso vai afectar ao futuro dos pobos do norte. Recentemente aprobadas nos Parlamentos escocés e na Asemblea de Gales as respectivas Leis de continuidade, o debate sobre o comportamento neglixente, contraditorio e irrespectuoso do Goberno británico debúxase na prensa británica e polo tanto é un fervedoiro nas redes sociais.

Pensamos que era bo momento para preguntar a fondo sobre o caso escocés, onde o 62% da poboación votou en contra do Brexit e pola permanencia na UE. Interesante remarcar que no restante 38% residen moitos votos pro-independencia críticos coas políticas comunitarias. E precisamente é neste dato onde se fundamenta agora o debate interno da conveniencia ou non de promover un segundo referendo de independencia en Escocia, dos argumentos a utilizar para convencer á maioría da poboación e dun máis que posible futuro fóra do Reino Unido.

Mais o día anterior a viaxar, algo acelerou e fixo mudar a nosa axenda: o caso de ClaraPonsatí. A piques de entregarse nunha comisaría en Edimburgo provocou que dende o primeiro día nos viramos envoltos nunha treboada de manifestacións, declaracións, preguntas e mecenados a favor da ex-consellera catalá.

Chegar á Sheriff Court, o xulgado en Edimburgo, e comprobar que centos de persoas con “saltires” e “esteladas” ao vento amosaban a súa solidariedade á profesora da Universidade de St. Andrews, impactounos enormemente.

Xa durante a espera do noso voo dende Vigo coñecíamos que o mecenado lanzado polo seu avogado superara en menos de dúas horas as corenta mil libras que pedían e a recadación continúa aumentando a día de hoxe. Tratando de lembrar unha resposta así de contundente e exemplar, tan só nos viña á mente os mecenado que a páxina pro independentista Wings Over Scotland lanzou durante a campaña de 2014.

Aamer Anwar, prestixioso activista polos dereitos civís, avogado especializado en dereitos humanos e Reitor da Universidade de Glasgow é quen defende a Clara Ponsatí. Nas súas entrevistas para diversos medios deixou ben claro que a súa defendida non podería ter un xuízo xusto en España e que os argumentos nos que se fundamenta a euro orde de arresto amosan unha clara persecución política.


Tiven a honra de coñecer e entrevistar persoalmente a Tricia Marvick, ex Presidenta do Parlamento escocés que estaba presente para amosar, unha vez máis, o seu apoio ao pobo de Catalunya. “Ten que haber un referendo para o pobo catalán, vai haber un referendo. Isto non pode continuar así, é unha vergonza para Europa”.

Tricia amosaba a súa indignación sobre os titulares da prensa española que acusaban ao Gobern de ter pagado para que observadores internacionais estiveran presentes o 1 de outubro. Ela, ao igual que as persoas que a acompañaron, pagaron do seu propio peto todos os gastos.

A pantasma do franquismo, da corrupción na política española, da ausencia de separación real de poderes no Estado español estaban presentes en todas as entrevistas que puidemos facer recen chegados do aeroporto. A propia ITV entrevistábame sobre o caso; a miña resposta foi moi precisa: “Temos un goberno fascista que trata de ocultar os seus múltiples casos de corrupción con Cataluña. Se expertos en leis españolas, maxistrados, letrados, ex-membros dos Tribunais Supremo e Constitucional, profesores de Dereito cuestionan e critican este proceso e mesmo hai quen chama a estes políticos cataláns “presos políticos”, reflexionade un momento...É urxente unha solución política e democrática, non un proceso xudicial máis que cuestionable”

Catalunya sen dúbida é un tema no que os escoceses manteñen un ollo enriba. Moitos, mesmo votantes contra a independencia, critican con contundencia a neglixencia, irresponsabilidade e mesmo o fascismo do Goberno de Mariano Rajoy e de Ciudadanos. Coñecen as siglas, infórmase de todos os detalles... e teñen medo de que algo semellante poida acontecer nun futuro en Escocia.

A nosa axenda, por suposto, cumpriuse. Preguntamos sobre Brexit, devolución, dereitos humanos,  leis, de políticas sociais... pero Cataluña estaba en todas partes.

Falamos con PeterCurran, experto en negociación, quen me explicou da complexidade do momento; falou da lexitimidade do Goberno de Nicola Sturgeon para cumprir co seu programa electoral no que se contemplaba un segundo referendo no caso de que Escocia sexa arrastrada por Reino Unido fóra da UE, como así está acontecendo.

Pregunteille se a carencia de transparencia por parte do Goberno de May, que contrastaba coa claridade e coherencia do Goberno escocés, formaba parte dunha estratexia de negociación; a resposta foi contundente: o xeito en que Reino Unido está levando as negociación amosa que son uns incompetentes e que están ignorando completamente os consellos dos profesionais. Augura unha radicalización cara a dereita nos vindeiros anos, o cal é moi preocupante para Escocia.

A deputada do SNP por Hamilton, Larkhall e Stonehouse e responsable da Comisión de Dereitos Humanos e Igualdade do Parlamento escocés , Christina McKelvie , acababa de chegar de Estrasburgo onde presentou unha resolución a favor dos dereitos democráticos do pobo catalán; traballadora incansable,  fixo un oco da súa ocupadísima axenda para atendernos. Lucindo un vistoso lazo amarelo falamos do risco que Escocia ten agora co cambio lexislativo e a impresentable actitude do Goberno de Theresa May de ignorar as mais fundamentais reclamacións das chamadas Administracións devoltas.

Christina McKelvie insiste en que a Primeira Ministra, Nicola Sturgeon está facendo todo o posible dende o minuto un para garantir os dereitos dos cidadáns europeos en Escocia. “Necesitamos emigración, queremos emigración, necesitamos xente que veña aquí, a vivir aquí, a traballar aquí, a botar raíces aquí”, explica a deputada nacionalista.

Tamén puidemos falar cun dos meus favoritos analistas políticos en Escocia. Peter A. Bell, quen tamén é escritor, pensador e unha das voces máis importantes do movemento escocés. El sorprendeunos cunha contundente afirmación:  “efectivamente a devolución está en perigo, pero eu diría máis: a devolución está morta, xa non vale, quedou obsoleta” e transmitiunos a súa conclusión de que a única solución agora para Escocia fronte as directrices unilaterais neo-imperialistas do goberno británico é a independencia.

Moi coidadoso con mesturar ámbolos dous procesos, Peter A. Bell di que Europa ten agora que intervir. A EU non é un súper Estado, mais o que acontece en España é indixerible. Alguén terá que tomar decisións e afrontar esta clara persecución política que estamos a presenciar e que racha de vez co que todos entendemos por democracia.

A nosa última entrevista tivo lugar nos estudos de Broadcasting Scotland coa responsable do proxecto, Linda Graham.  Broadcasting é unha nova plataforma informativa nacida con vistas a un novo tempo político. A cuestión das fake news, e o escándalo de  Cambridge Analytica afecta tamén, e moito, á axenda escocesa.
Con ela falamos da importancia das palabras e da manipulación cada día máis evidente en canles de televisión como a BBC. Sesgo e manipulación nacen dunha clara axenda política e buscan sen dúbida adoutrinar á poboación. A situación da prensa empeora e preocupa moito en Escocia.

Broadcasting Scotland ten as vistas postas na actualidade con programas como “Full Scottish” que se emite os domingos ou o informativo emitido de luns a venres “Scotland @ 7”. Polo momento subsisten grazas ás subscricións e aportacións individuais mais pouco a pouco vanse fortalecendo con especiais sobre Cataluña, Brexit, os orzamentos gobernamentais, música e cultura escocesa etc.

Con eles estaremos colaborando en meses vindeiros onde a presenza de Galiza tamén se fará oco. Temos moito que falar das destrutivas políticas conservadores e das posibles alternativas a unha nefasta realidade. Non todo vai ser Cataluña. O noso pobo tamén ten voz... digo eu... non si?




xoves, 5 de abril de 2018

The Alex Salmond Show - Episodes 20 & 21 // Alex Salmond Show features three ‘comeback kids’ // Alex Neil in #EFTA call



Alex Salmond Show features three ‘comeback kids’



The Alex Salmond Show - Episode 21 - Alex Neil in EFTA call


This week’s Alex Salmond Show looks at the development of politics over the last half century through the eyes of former Scottish government minister, Alex Neil. Neill calls for an independent Scotland to join the European Free Trade Association (EFTA).
The Alex Salmond Show broadcasts every Thursday on RT International at 07:30, 18:30 and 23:30(GMT) on SKY 512 and FREEVIEW 113.

mércores, 4 de abril de 2018

Ata aquí esta visita a #Escocia / It's goodbye for now #Hasteyeback #Scotland







A wee visit to #Argyll #Kilmartin // Unha pequena visita a Kilmartin en Argyll #Scotland #Escocia #History #Culture

Video in English / Video en inglés 


Video en galego // Video in Galician language 






martes, 3 de abril de 2018

Interview with the #SNP MSP Christina McKelvie #Scotland #Brexit #HumanRights #Catalonia

Thank you so much to Christina McKelvie for her time. 
Apologies for the sound quality. We have had some technical difficulties.

Twitter: @ChristinaSNP