Por segunda vez a campaña electoral de Reino Unido vése afectada e condicionada polo terrorismo. Aumentan as críticas aos recortes do Goberno conservador e ás súas políticas en seguridade, defensa e relacións exteriores.
De novo planean recortes en libertades civiles cando Theresa May, defensora sen concesións de rachar coa acta de dereitos humanos, di que "Enough is enough" e que internet debe controlarse para fortalecer a loita contra o terrorismo.
Por que se baixou o nivel de alerta tan pronto? Preguntan algúns. Outros se preguntan que estiveron facendo os servizos secretos en materia de prevención e se non existe xa ciber-control suficiente para evitar estas accións, que na maioría dos casos baten de cheo na poboación civil. Tamén hai voces que lle recordan a Theresa May que durante seis anos foi a Ministra de Interior e por tanto responsable máxima da seguridade do Reino Unido e dos recortes constantes que agora se fan mais evidentes.
Por que se baixou o nivel de alerta tan pronto? Preguntan algúns. Outros se preguntan que estiveron facendo os servizos secretos en materia de prevención e se non existe xa ciber-control suficiente para evitar estas accións, que na maioría dos casos baten de cheo na poboación civil. Tamén hai voces que lle recordan a Theresa May que durante seis anos foi a Ministra de Interior e por tanto responsable máxima da seguridade do Reino Unido e dos recortes constantes que agora se fan mais evidentes.
Sorry, but Theresa May was Home Secretary for six years and now 'enough is enough'?— mandy rhodes (@holyroodmandy) 4 de junio de 2017
Keeping us safe....— Derek Bateman (@DerekBateman2) 4 de junio de 2017
https://t.co/xVuGUweq4g
Theresa May urged not to suppress report into funding of jihadi groups https://t.co/SstozOCxEd— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 5 de junio de 2017
Logo do atentado todos os partidos suspenderon a actividade electoral. Moitos deles fixeron fincapé en que esta debía retomarse o antes posible para ben do sistema democrático. A maioría das canles de televisión cambiaron a carteleira de programas e suspenderon os previstos sobre as eleccións, pero ao ver que o comunicado oficial feito por Theresa May foi unha lectura punto por punto do programa electoral dos Tories e que a Ministra de Interior tamén tivo grande cobertura mediática, as críticas foron en aumento.
Theresa May broke the agreement on no political campaigning after the atrocity - and now must have her own record scrutinised. pic.twitter.com/rkFnvN3lnp— Owen Jones (@OwenJones84) 4 de junio de 2017
O lider laborista Jeremy Corbyn explicou, unha vez mais, a súa visión en materia de seguridade. Días atrás a prensa sacou á luz que o Goberno británico evitou publicar un informe sobre financiación a grupos "jihadies". E Corbyn apunta ás relacións tóxicas que leva mantendo Reino Unido con países coma Arabia Saudi e urxe, ao igual que outros líderes como Nicola Sturgeon á publicación dese informe.
Jeremy Corbyn shows his steel as he calls out the Saudis links to terror! pic.twitter.com/n70c9QRgsD— andysearson (@andysearson) 4 de junio de 2017
Dende o meu punto de vista chega outra vez tarde. Primeiro coas políticas sociais que presenta o seu partido nestas eleccións, sen dúbida unha esperanza en Inglaterra, pero aplicadas xa polo Scottish National Party dende hai anos en Escocia; e agora respecto a venta de armas a Arabia Saudi e as súas conexións con ISIS, porque o SNP, no seu papel de oposición efectiva en Westminster durante estes anos, leva tempo xa pedindo explicacións ao Goberno Tory sobre estes temas, e outros.
.@NicolaSturgeon tells us many of @UKLabour's leaked manifesto policies have been introduced by @theSNP but @jeremycorbyn wont be PM #Peston pic.twitter.com/L0fAVBNonP— Peston on Sunday (@pestononsunday) 14 de mayo de 2017
I've enjoyed the interventions of Angus Roberston in #PMQs, equally impressive is today's intervention in #BBCDebate #GE17— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 31 de mayo de 2017
[News from July 2016]SNP urge Boris Johnson to impose immediate ban on UK arms sales to Saudi Arabia https://t.co/Qx1sSPf4Gy— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 4 de junio de 2017
.@AngusRobertson "How can the Prime Minister possibly, in good conscience, continue selling weapons to Saudi Arabia." #PMQs pic.twitter.com/dKK7TiWIx6— The SNP (@theSNP) 19 de octubre de 2016
Corbyn, sen dúbida, é unha esperanza para Reino Unido e moitos ven agora posible que poida convertirse en Primeiro Ministro. A pregunta, si ese é o caso, é si será capaz de avanzar o suficiente para levar a cabo políticas realmente progresistas (modificando con iso o rumbo que levaba o laborismo nestas décadas) ou si terá que enfrontar os ataques non só das bancadas conservadoras senón os que lle levan lanzando dende o seu propio partido hai xa moito tempo.
Corbyn, xa reforzadísimo nas enquisas de intención de voto, terá que seguir demostrando que é capaz de manter a súa palabra e facer honor ao programa electoral, o SNP continuará sendo, case sen dúbida, a terceira forza política en Westminster, cun programa moito mais progresista que o que ofrece calquera outro partido nestas eleccións que se definen este xoves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario