luns, 22 de maio de 2017

Obsession for independence / Obsesión pola independencia #LeadearsDebate #Scotland #GE17 #ScotRef

É evidente a necesidade vital dos Tories en Escocia de sacar rédito político sobre un segundo referendo de independencia como ataque ao Scottish National Part (SNP) nestas elección xerais que van ter lugar o 8 de xuño. A estratexia é a de acusar ao SNP de estaren obsesionados coa indepedencia e de non atender ao traballo diario que deben afrontar como partido do goberno en Escocia.

(Thank you to Peter Curran @moridura, as usual for these videos) 




Mais no debate a  seis celebrado onte pola BBC Scotland, Nicola Sturgeon amosou o contido do panfleto que o partido de Ruth Davidson está a distribuir en Escocia; panfleto que menciona 26 veces independencia; non menciona nin unha soa vez o Servizo Nacional de Saúde,  a educación, os recortes dos Tories en benestar,  nin os recortes en materia de pensión que das súas políticas de austeridade e privatización. 
A lider dos laboristas escoceses tamén fixo da independencia o argumento fundamental durante as eleccións locais e agora na campaña ás xerais do 8 de xuño e mesmo chega ao punto de pedir o voto táctico para os Tories nalgunas comarcas con tal de frear ao SNP... que parece ser o seu principal inimigo.

Non só os conservadores e os laboristas, tamén os Liberal Demócratas fan da independencia un dos argumentos fundamentais. Willie Rennie pediu "cancelar" o debate sobre un segundo referendo de independencia ao mesmo tempo que di querer un segundo referendo de Brexit para que o pobo británico poida decidir se quere sair ou non da UE unha vez se coñezan as condicións das negociacións. Todo coherencia.

A inmigración tamén foi un dos temas tratados durante un debate que deixou ao descuberto a proximidade cada vez mais patente entre as políticas do UKIP e os Tories:

Desgraciadamente a BBC non deixa de sorprender polo xeito que ten de conducir os debates, onde en vez de tratar temas relacionados coas políticas de Westminster, dirixiron as preguntas a competencias xa devoltas a Escocia, coma si se tratase dun debate para elexir o Parlamento escocés, cousa que foi moi criticada nas redes.
Un dos mellores no debate, aparte de Nicola Sturgeon (á que se lle nota estar acostumada e preparada para contestar calquera pregunta do público, por moi difícil que sexa sen perder por un momento a calma), foi sen dúbida Patrick Harvie, que aportou sen dúbida claridade e contundencia contra as políticas conservadoras e as consecuencias que poden acarrear para Escocia e o resto do Reino Unido.
Malia que a maioría dos medios pretenden facer a mesma promoción para Ruth Davidson que a que fixeron para Farage no seu momento, as hemerotecas están aí para demostrar que a posición dos Tories en Escocia é todo menos coherente, e que teñen unha necesidade vital para facer dun segundo referendo de independencia todo o seu argumentario.

Theresa May pediu aos escoceses que lanzasen cos votos das eleccións locais unha inequívoca mensaxe ao SNP contra a independencia. O Scottish National Party conseguiu mais votos que nas anteriores, mais concellais e foi o partido mais votado en mais da metade das comarcas.
Agora a estratexia dos Tories é a mesma. Veremos que mensaxe lles manda o electorado.








Ningún comentario:

Publicar un comentario