Dende onte que Theresa May anunciou as eleccións anticipadas, as reaccións en Escocia non se fixeron esperar. Hoxe, a Primeira Ministra e lider do Scottish National Party fixo unhas declaracións oficiais en Westminster rodeada dos deputados escoceses, coa firme convinción de repetir, e mellorar se é posible os resultados das eleccións de 2015.
Sturgeon presentou ao SNP coma a única oposición real aos Tories (polo menos en Escocia así é) e asegurou que o seu partido loitaría contra os recortes e as medidas de austeridade que os Tories están aplicando e que se incrementarían no caso dun Brexit duro (opción preferida de Theresa May).
Sen dúbida, se o SNP gaña as eleccións do 8 de xuño en Escocia, Nicola Sturgeon verá reforzado o seu mandato lexítimo para a celebración dun segundo referendo de independencia antes da saída de Reino Unido da UE, cousa ata o momento negada por Theresa May.
Nicola Sturgeon amosouse aberta a buscar unha alianza de forzas progresistas ao igual que en 2015, cando Miliband cometeu a torpeza de negarse a facer coalición cos nacionalistas escoceses. Moitos analistas sinalaron a esta negativa coma o erro maior que puido cometer o xa ex-lider laborista.
O oportunismo de Theresa May, que utilizou o "agora non é o momento" para rexeitar a petición escocesa dun segundo referendo, queda agora ao descuberto con esta chamada temprana de eleccións cando por activa e por pasiva declarou que non habería eleccións en Reino Unido ata o 2020.
Nicola Sturgeon dixo:
"Si o SNP gaña estas eleccións en Escocia e os conservadores non o fan, entón calquer tentativa de Theresa May de bloquear o noso mandato para dar ao pobo de Escocia unha opción sobre o seu propio futuro cando chegue o momento, desmoronaráse"
🎥 Nicola Sturgeon, calificó a las elecciones anticipadas en el Reino Unido para el 8 de junio como un "enorme error de cálculo político" pic.twitter.com/QroD8b9f3b— Agencia Télam (@AgenciaTelam) 18 de abril de 2017
Full video (thanks to Peter Curran @moridura as usual)
Video completo grazas a Peter Curran:
— Alan Smith (@Political_AlanS) 19 de abril de 2017
FM @NicolaSturgeon: "We intend to win this election in Scotland and for Scotland" #GE17 pic.twitter.com/seZ8exES6m— Connor Gillies (@ConnorGillies) 19 de abril de 2017
Breaking: @NicolaSturgeon backs progressive alliance of SNP, Labour, LibDems, Greens to keep the Tories out of power. #GE17— Michael Gray (@GrayInGlasgow) 19 de abril de 2017
. @NicolaSturgeon di que @theSNP é a unica e efectiva oposición aos Tories:'Pretendemos gañar estas eleccións en Escocia e para Escocia' pic.twitter.com/BPZq0klmEF— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 19 de abril de 2017
E namentras, continúa a evidente manipulación e bloqueo informativo dende a BBC a calquera noticia que fale da Primeira Ministra Nicola Sturgeon, de Escocia ou do SNP. Vergoñento.
BBC News contrived to miss almost all of the FM's press conference held outside the House of Commons with the party's MPs in attendance.— GAPonsonby (@GAPonsonby) 19 de abril de 2017
Por último, Theresa May ratificou que que non participará en debates electorais televisados, levantando de novo, ao igual que fixo o seu antecesor Cameron, polémica pola súa cobardía e falta de transparecencia. Algo deben ter en común os conservadores españoles e os tories na súa estratexia.
"No turning back" @theresa_may on UK leaving the EU— DailySunday Politics (@daily_politics) 19 de abril de 2017
"Why is she running scared of a televised debate with Nicola Sturgeon?" @AngusRobertson pic.twitter.com/3j8fbmm7ss
📢 Read @NicolaSturgeon's statement at Westminster on #GE17 in full: https://t.co/EkEY0Pxjpf pic.twitter.com/FUrrc78LoO— The SNP (@theSNP) 19 de abril de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario