martes, 18 de abril de 2017

Eleccións anticipadas en Reino Unido #GE #UK #Brexit #TheresaMay

Theresa May ven de anunciar eleccións anticipadas en Reino Unido para o 8 de xuño.

O 4 de maio celébranse as eleccións locais, e ainda que era un rumor, as recentes enquisas publicadas que son totalmente favorables aos conservadores, logran que finalmente a inelecta Primeira Ministra se lance a piscina.

No seu discurso, Theresa May culpa á oposición de non atender ás necesidades de unidade que precisa a situación polo que a opción dunhas eleccións gañadas sobre a base dun programa electoral coa folla de ruta clara sobre Brexit é a mellor baza para a Premier Británica.

Importante agora as reaccións dende Escocia e Norte de Irlanda. Moito vai ter que prepararse para explicar porque aos escoceses lles insiste no "agora non é o momento" e sí é o momento de convocar eleccións xerais en plena crise do Brexit.. E dende logo será fundamental para o SNP que sexa capaz de repetir os 56 deputados que conseguiron nas últimas eleccións.










Ningún comentario:

Publicar un comentario