venres, 10 de marzo de 2017

The Spanish Veto Myth debunked #ScotlandinEurope #Indyref2 #Brexit

Video via WingsoverScotland.com

Aparte da anécdota do video de Rajoy evitando preguntas en inglés, hai outro video que é importantísimo hoxe e que nos chega da BBC. González Pons é preguntado pola canle británica sobre o posible veto de España a Escocia na Unión Europea, no caso de que esta acade a independencia. 

González Pons (e outros membros do Partido Popular) alimentaron esta posibilidade de veto durante anos dende 2011, ao calor do primeiro referendo de independencia en Escocia) e mesmo Margallo tivo que explicar que respectarían o que Londres decidise, por tanto, si o proceso era legal nada tiñan que facer. De todos xeitos esta posibilidade saía a cada pouco nos titulares da prensa británica. Finalmente González Pons explicou hoxe que España NON vetará a Escocia na UE. Non foi sen tempo






Ningún comentario:

Publicar un comentario