Discurso completo da Primeira Ministra de Escocia e lider do Scottish National Party na Conferencia de primavera do partido que tivo lugar en Aberdeen.
Discurso con claras e continuas referencias ao internacionalismo e firme compromiso con todos aqueles cidadáns do mundo que elixen Escocia para vivir ou traballar. Firme compromiso con Europa e coas políticas sociais.
As vindeiras eleccións locais que terán lugar en maio tamén ocuparon un lugar relevante ao longo deste discurso.
Nicola Sturgeon non desaproveitou tan importante evento para ratificar a lexitimidade institucional e constitucional das decisións do Parlamento escocés e que será o pobo escocés o que decida, en canto se coñeza o resultado final das negociacións do goberno de Reino Unido coa UE, o futuro da nación.
Thank you to Peter Curran as usual // Grazas a Peter Curran como sempre
Ningún comentario:
Publicar un comentario