Nunha entrevista realizada pola BBC e que se emitirá íntegra esta noite, Nicola Sturgeon asegurou non estar "faroleando" sobre o plan escocés para o Brexit e as súas ameazas dun segundo referendo de independencia, e indicando que non descartaba nada, respostando a pregunta da canle suxerindo que de continuar existindo o panorama actual co plan de May dun Brexit duro, sería de sentido común convocar un referendo de independencia a finais do 2018.
Hoxe tamén é noticia o resultado da última enquisa de intención de voto realizada entre o 24 de febreiro e o 6 de marzo, nos que Ipsos-MORI explica que a sociedade estaría dividida á metade (ata o de agora) e o apoio á independencia acada un 50% de apoio, mais en homes que en mulleres. Eu esperaría a ver mais detalles deste tipo de inquéritos, é mais, hai dende as redes, chamadas á prudencia xa que a Conferencia de primavera do Scottish National Party terá lugar os días 17 e 18 de marzo en Aberdeen e intúense moitas presións de todo tipo para que Nicola Sturgeon se pronuncie finalmente sobre un segundo referendo de independencia.
Scottish independence poll:— Britain Elects (@britainelects) 9 de marzo de 2017
Yes: 50% (+3)
No: 50% (-3)
(via Ipsos Mori / 24 Feb - 06 Mar)
Chgs. w/ Sep 2016.
Hoxe tamén é noticia o resultado da última enquisa de intención de voto realizada entre o 24 de febreiro e o 6 de marzo, nos que Ipsos-MORI explica que a sociedade estaría dividida á metade (ata o de agora) e o apoio á independencia acada un 50% de apoio, mais en homes que en mulleres. Eu esperaría a ver mais detalles deste tipo de inquéritos, é mais, hai dende as redes, chamadas á prudencia xa que a Conferencia de primavera do Scottish National Party terá lugar os días 17 e 18 de marzo en Aberdeen e intúense moitas presións de todo tipo para que Nicola Sturgeon se pronuncie finalmente sobre un segundo referendo de independencia.
Ainda que os medios de comunicación empéñanse en falar dos plans para Brexit do SNP, hai que lembrar que o acordo que Nicola Sturgeon defende foi aprobado en sesión parlamentaria en Holyrood por maioría absoluta; tamén hai que ter en conta que o Partido Verde e moitos laboristas votaron a favor deste Plan de acción para Escocia fronte ao Brexit e que o propio Partido Verde xa se ten pronunciado en canto á celebración dun segundo referendo de independencia que apoiaría cos ollos pechados. Outro dato que hai que ter en conta son as eleccións locais que van ter lugar a principios de maio e que Theresa May fixo un chamamento aos escoceses para "lanzar unha mensaxe contundente ao SNP en contra da independencia". Haberá que ver o resultado deste chamado.Ahead of SNP's spring conference, Scots are split 50/50 in voting intention for possible #Indyref2: New for @STVNews https://t.co/UdKbJc1rta pic.twitter.com/hoW0wztAGv— Ipsos MORI Scotland (@IpsosMORIScot) 9 de marzo de 2017
Here's how @WhatScotsThink are reporting it: pic.twitter.com/6JDJGkz2gF— Wings Over Scotland (@WingsScotland) 9 de marzo de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario