venres, 31 de marzo de 2017

O apetito dos escoceses por #ScotRef // The Scottish apetite for #ScotRef #indyref2 #poll #Escocia

As ideas dos escoceses están claras e quedaron plasmadas na seguinte enquisa de Survation solicitada polo Scottish National Party. Quen diga que os escoceses non queren un segundo referendo, non está decindo certeza ningunha e está tentando ao demo apoiando un posible veto de Theresa May a este segundo referendo de independencia.


As conclusións son claras:

1º Debe ser o Parlamento escocés quen convoque un 2º referendo de independencia e quen marque os tempos

2º Westminster non debería ter poder para bloquear o plan dun referendo de independencia

Un 61% dos escoceses di que o dereito a convocar un referendo para decidir entre Brexit ou Independencia pertence ao Parlamento escocés e non a Westminster.

Un 56% dos escoceses din que debería ser Holyrood e non Westminster quen determine o tempo e momento adecuardo para a celebración deste segundo referendo de independencia.

Un 58 por cento dos escoceses di que Westminster non debe ter dereito a bloquear o plan dun segundo referendo de independencia mesmo sendo acordado e aprobado polo Parlamento escocés de Holyrood.

Esta enquisa telefónica realizada días mais tarde de que o Parlamento escocés aprobara a orde que da permiso á Primeira Ministra Nicola Sturgeon a negociar un referendo de independencia con Westminster, amosa que os escoceses están claros no respecto que merecen as decisións proprias e os poderes do seu Parlamento.

Este inquérito publícase un momento delicado, no que o Ministro británico para o Brexit ven de anunciar A Lei de Grande Derogación no que as competencias dos Parlamentos nacionais están en perigo. O vindeiro luns,  coa negativa inicial de Theresa May sobre esta nova consulta, a Primeira Ministra de Escocia reuniráse coa Premier británica para tratar estes temas, logo de terlle comunicado oficialmente a resolución aprobada pola soberana Cámara escocesa o pasado 28 de marzo.

De continuar a negativa de Theresa May, Nicola Sturgeon ven de anunciar que voltará ao Parlamento escocés para explicar os seguintes pasos a dar




martes, 28 de marzo de 2017

Escocia camiño dun novo referendo en 2018-2019 #ScotRef #indyref2 #ScotlandsChoice





The rudeness of Ruth Davidson / A mala educación de Ruth Davidson (Lider dos Tories)
Videos from Peter Curran:







[Translation] #Spanishpress Spanish Foreign Minister says that if Scotland were independent it would be another candidate to join the EU #ScotRef #Indyref2

Spanish Foreign Minister Alfonso Dastis said today that if Scotland were to become independent and apply for membership to the European Union (EU) its case would be evaluated like that of any "other candidate" entering the bloc.
Dastis made the remarks at the press conference he held in Berlin with his German counterpart, Sigmar Gabriel, who said he was "in agreement" with his Spanish colleague on the Scottish issue and its implications for the Catalan process.


"If Scotland were to become independent and apply for membership to the EU," the Spanish minister explained, the first thing would be to examine whether it met the requirements, an opinion would be issued and then, as with "other candidates", the negotiation would begin.
Dastis simply stated that Spain will respect "the constitutional order of each member" and assured that Madrid will accept the decision to hold a new referendum in Scotland "if the British constitutional order" allows it and "London and Scotland" reach an agreement .
"We will respect the decision if it is in accordance with the law and we will take the measures or reactions that are justified," he added.
In addition, when asked if the cases of Scotland and Catalonia are comparable, Dastis stressed that "the differences between" both "are obvious.
"My position, but I also think  Gabriel's too is that we do not encourage any kind of secession in Europe. Europe is about removing barriers, not creating new ones," added the Spanish minister.
Gabriel, on the other hand, affected the same idea of ​​eliminating borders within the old continent and stressed the importance of any such process being done according to the law of each country.

Charla en Edimburgo / Chat in Edinburgh #Galicia #Scotland #Spain #Independence #Chat #Politics

O Primeiro de Maio, día internacional d@s traballadores,  estarei en Edimburgo dando unha charla para falar das realidades políticas de Galicia, España e Escocia e contestando ás preguntas que me faga o público.

On the first of May, Worker's Day, I'm going to be in Edinburgh to give a chat and speak about the political realities of Galicia, Spain and Scotland; I'll also be taking questions from the audience. 

Gostaríame agradecer esta invitación ao grupo de Yes Edinburgh West. En principio a charla será emitida en directo (estade atent@s ás actualizacións da páxina de FB). Tamén seguir o seu twitter:  @YesEdinWest 

I want to thank Yes Edinburgh West for this invitation. As far as I know, the event is going to be live streamed so, keep an eye out for it on their facebook page and also on their twitter account : @YesEdinWest 




martes, 21 de marzo de 2017

My comments on #spanishpress #ScotRef #Brexit #TheSpanishVetoMyth #indyref2







luns, 20 de marzo de 2017

Xornadas sobre reparto de cuotas de pesca organizadas por Acerga #OCerco #Fishing #Galicia #GZ



29 de marzo, data da activación do artigo 50 #Brexit / Article 50 to be triggered on 29th of March #Brexit #ScotRef

Xa hai data oficial para a activación formar do artigo 50 que da inicio ás negociacións de aproximadamente dou anos para o #brexit. Agora agardemos polas reaccións e observemos os movementos por ambas partes. 

O Ministro escocés para o Brexit deu as grazas vía twitter á BBC por informar a membros do Gabinete da activación do artigo xa que o Goberno británico se esqueceu de informalos oficialmente.








sábado, 18 de marzo de 2017

FM Nicola Sturgeon's full speech / Discurso completo de Nicola Sturgeon #SNP17 #ScotRef

Discurso completo da Primeira Ministra de Escocia e lider do Scottish National Party na Conferencia de primavera do partido que tivo lugar en Aberdeen. 

Discurso con claras e continuas referencias ao internacionalismo e firme compromiso con todos aqueles cidadáns do mundo que elixen Escocia para vivir ou traballar. Firme compromiso con Europa e coas políticas sociais.

As vindeiras eleccións locais que terán lugar en maio tamén ocuparon un lugar relevante ao longo deste discurso.

Nicola Sturgeon non desaproveitou tan importante evento para ratificar  a lexitimidade institucional e constitucional das decisións do Parlamento escocés e que será o pobo escocés o que decida, en canto se coñeza o resultado final das negociacións do goberno de Reino Unido coa UE, o futuro da nación.

Thank you to Peter Curran as usual // Grazas a Peter Curran como sempre 

Que esconde a negativa de Theresa May ao #ScotRef? #Brexit #ToryElectoralfraud








venres, 17 de marzo de 2017

venres, 10 de marzo de 2017

The Spanish Veto Myth debunked #ScotlandinEurope #Indyref2 #Brexit

Video via WingsoverScotland.com

Aparte da anécdota do video de Rajoy evitando preguntas en inglés, hai outro video que é importantísimo hoxe e que nos chega da BBC. González Pons é preguntado pola canle británica sobre o posible veto de España a Escocia na Unión Europea, no caso de que esta acade a independencia. 

González Pons (e outros membros do Partido Popular) alimentaron esta posibilidade de veto durante anos dende 2011, ao calor do primeiro referendo de independencia en Escocia) e mesmo Margallo tivo que explicar que respectarían o que Londres decidise, por tanto, si o proceso era legal nada tiñan que facer. De todos xeitos esta posibilidade saía a cada pouco nos titulares da prensa británica. Finalmente González Pons explicou hoxe que España NON vetará a Escocia na UE. Non foi sen tempo






xoves, 9 de marzo de 2017

Answering your questions about #TheSpanishVetoMyth #Indyref2 #ScotlandinEurope #Brexit #News

Let me say first of all that I'm totally in favour of a legal referendum in Catalonia and I don't share in any way the Spanish position against the people of Catalonia; but I think that some Catalan politicians and even journalists should be careful not to blame others for not finding solutions to Catalonia's situation. Respect must be mutual and sometimes I've found that some comments are not very respectful.




Sr. Freire, Alcalde de Noia, DIMITA XA! #Machismoinstitucional contra as #Mulleres










Deputy First Minister's Questions - Scottish Parliament: 9th March 2017 #FMQs #Scotland #politics


Escocia: medra o apoio á independencia agardando por #indyref2 #Scotland #Brexit

Nunha entrevista realizada pola BBC e que se emitirá íntegra esta noite, Nicola Sturgeon asegurou non estar "faroleando" sobre o plan escocés para o Brexit e as súas ameazas dun segundo referendo de independencia, e indicando que non descartaba nada, respostando a pregunta da canle suxerindo que de continuar existindo o panorama actual co plan de May dun Brexit duro, sería de sentido común convocar un referendo de independencia a finais do 2018.





Hoxe tamén é noticia o resultado da última enquisa de intención de voto realizada entre o 24 de febreiro e o 6 de marzo, nos que Ipsos-MORI explica que a sociedade estaría dividida á metade (ata o de agora) e o apoio á independencia acada un 50% de apoio, mais en homes que en mulleres. Eu esperaría a ver mais detalles deste tipo de inquéritos, é mais, hai dende as redes, chamadas á prudencia xa que a Conferencia de primavera do Scottish National Party terá lugar os días 17 e 18 de marzo en Aberdeen e intúense moitas presións de todo tipo para que Nicola Sturgeon se pronuncie finalmente sobre un segundo referendo de independencia. 
Ainda que os medios de comunicación empéñanse en falar dos plans para Brexit do SNP, hai que lembrar que o acordo que Nicola Sturgeon defende foi aprobado en sesión parlamentaria en Holyrood por maioría absoluta; tamén hai que ter en conta que o Partido Verde e moitos laboristas votaron a favor deste Plan de acción para Escocia fronte ao Brexit e que o propio Partido Verde xa se ten pronunciado en canto á celebración dun segundo referendo de independencia que apoiaría cos ollos pechados. Outro dato que hai que ter en conta son as eleccións locais que van ter lugar a principios de maio e que Theresa May fixo un chamamento aos escoceses para "lanzar unha mensaxe contundente ao SNP en contra da independencia". Haberá que ver o resultado deste chamado.