xoves, 9 de febreiro de 2017

Scotland: Road to #indyref2 // Escocia: Camiño de #indyref2 #brexit #ScotlandinEurope


 A portada de The Courier di todo. Os continuos desplantes de Primeira Ministra Theresa May non poden ser mais claros, xa que non ten intención de facer cesións a ningunha das Administracións e Parlamentos devoltos.

O Goberno escocés continúa avisando de que estes desplantes non son mais que faltas á palabra dada dende 2014, cando aos escoceses se lles repetiu por activa e por pasiva, que de votar SI á independencia, estarían fóra da UE. Agora, ironica e surrealmente, Theresa May volve a utilizar o mesmo mantra, tratando de amedrentar as aspiracións de Escocia sobre Europa. Surreal e patético, xa que a única opción que tería Escocia para ser vetada, unha vez independente, da UE sería por un veto dalgún país membro. Acaso está pensando May en pedirlle ao seu amigo Rajoy un veto a Escocia?  E nese caso, prestaríase España a cometer tal traición aos outros Estados membros que ven con simpatía que Escocia forme parte da UE?

(thank you to Peter Curran for this video / Grazas a Peter Curran por este video) 

Hai unhas semanas eurodeputados españoles deixaban entrever nas súas intervencións, que a Escocia só lle quedaba unha solución para quedarse na Unión Europea: a independencia... si, ata o propio González Pons, que tanto se presta a dar titulares dende 2011 contra Escocia, foi quen de suxerirlle á Ministra escocesa, que a indepedencia podería ser a solución para eles... pero, iso si... que terían que facer cola (non se sabe porque ou onde). 
Namentras, algúns xa vaticinan que o segundo referendo de independencia é imparable e mesmo se empezan a ver nas redes, follas de ruta como a que vedes:

via @traquir 
Ainda que en TVE1 o reporteiro suxeriu que o Brexit podería ser rexeitado pola Cámara dos Comúns de non estar dacordo co resultado das negociacións, a posición adoptada polo seu lider Jeremy Corbyn non augura ningún bloqueo, é mais, Nicola Sturgeon, Leanne Wood e Carol Lucas, criticaron duramente ao Partido Laborista pola súa actuación durante todo este proceso. O rexeitamento das emendas sobre inmigración non fixeron mais que agravar estas críticas.

O debate sobre o Brexit sacou o mellor dos deputados escoceses e deixou imaxes para o recordo, entre elas aos deputados do SNP cantando o Himno da UE na Cámara dos Comúns namentras esperaban polo resultado dunha votación da que xa intuían o resultado.
E agora que?  Pois a esperar a que Nicola Sturgeon e Michael Russell anuncien oficialmente os pasos a seguir. As últimas enquisas publicadas denotan un claro aumento do apoio á independencia en Escocia a raiz do anuncio de Theresa May dun Brexit duro e ainda que Michael Fallon ou o propio Mundell, Secretario de Estado para Escocia, traten de amedrentar aos escoceses sobre un posible bloqueo a un segundo referendo, nada vai evitar que o Goberno escocés defenda o que é de xustiza.
Scottish independence voting intention:






Ningún comentario:

Publicar un comentario