xoves, 2 de febreiro de 2017

Brexit, González Pons, Escocia e outras historias non contadas / Brexit, González Pons, Scotland and others untold stories

É oficial, a Cámara dos Comúns ven de aprobar a lei para pór en marcha a activación do artigo 50.

De 59 deputados escoceses en Westminster tan só un conservador, o Secretario de Estado para Escocia votou a favor do Brexit. E o mais surreal desta votación é que o Goberno británico non presentou un plan escrito antes do debate e da votación (o chamado White Paper), senón despois de que se tome a decisión.

A lider escocesa conservadora tampouco está exenta de polémica, froito do caos e da desesperación que enfrontan neste momento, xa que a posición do Goberno e do Parlamento escocés foi clara e contundente dende o primeiro momento. A Ruth Davidson non se lle ocurriu outra barbaridade maior e comparou o debate de independencia de Escocia cunha guerra fraticida, ocasionando todo tipo de reaccións dende voces de todas as tendencias políticas.





E mentras tanto, no Parlamento Europeo, convidados oficialmente, os representantes de Escocia e Xibraltar deixaron titulares. Como nón, González Pons, que leva anos conspirando cos seus colegas británicos en contra de Escocia, tamén deu titulares.
González Pons, non fala como membro do Goberno español, pero xoga a alimentar debate sobre o que eu chamo #TheSpanishVetoMyth ou a ameaza pantasma do veto español á permanencia de Escocia na UE.
Claro que o que non nos conta a prensa é a chamada de atención que tivo por parte da Presidenta da Comisión Constitucional do Parlamento Europeo pola súa ineptitude e falta de respecto cós convidados, o Primeiro Ministro de Xibraltar, Sr. Picardo  e a Ministra de Asuntos Exteriores de Escocia, Fiona Hyslop.



Aquí vos deixo algúns artigos recordatorios das manobras de González Pons, Barroso e compañía durante 2012-2014, e videos que vos darán unha idea de oculta a prensa e que titulares lle interesa alimentar...

Thank you to @danutahuebner Chair of the European Parliament's Constitutional Ctee for the invitation to set out Scotland's position today
— Fiona Hyslop (@FionaHyslop) 30 de enero de 2017

Prestade atención, porque nas vindeiras semanas os acontecementos pódense acelerar, e a pantasma do veto español continúa planeando pola BBC e prensa unionista.
"And don't speak to me about Scotland, which as you know or should know, responds to very different historic & constitutional assumptions... and by the way, if Scotland had half the half of the powers that Catalonia has, they wouldn't go to so much bother there!"




https://weegingerdug.wordpress.com/2017/01/31/mas-cambia-mas-se-vuelve-la-misma-cosa/




Ningún comentario:

Publicar un comentario