mércores, 14 de decembro de 2016

Alex Salmond en Bruxelas / Alex Salmond in Brussels #CoppietersAwards #ScotlandinEurope

Alex Salmond visitou Bruxelas o dia 14 de decembro. Durante a visita se reuniu con Jean-Claud Juncker e recibiu tamén o Premio Coppieters pola súa defensa do dereito a decidir. Aquí vos deixo unhas cuantas imaxes e videos compartidas pola European Free Alliance e polo propio Centre Coppieters

Salmond iniciou a xornada cunha rolda de prensa, acompañado dos tamén membros do SNP,  Stuart Donaldson e Lisa Cameron; entroutras cousas, o ex Primeiro Ministro escocés dixo que se reuniría con Jean-Paul Juncker como amigo, xa que este manifestou que Escocia necesitaba ser escoitada; tamén ratificou unha vez mais a intención de Escocia de permanecer en Europa e que ata o momento a estratexia escocesa é a de unificar as forzas progresistas para evitar un "Brexit duro".
Salmond tamén quixo reseñar a necesidade de fortalecer unha Europa mais social que teña en conta os movementos de autodeterminación.







"Nun futuro moi próximo a Primeira Ministra de Escocia desvelará a estratexia escocesa para reter as nosas conexións con Europa, en comercio, en cultura e en política. Non Temos ningunha intención de permitir que os nosos  1000 anos de historia  como nación europea sexan cortados  polos fracasos do Stablishment político de  Westminster. Cando soen as trompetas, outros europeos deberán mobilizarse pola  causa de Escocia.

“Escoitamos moito acerca de como a orde establecida está baixo asedio das forzas populistas da dereita – como os valores liberais e as políticas progresistas están en retroceso ao redor de Europa e no mundo”

"Con todo en Escocia, son as forzas progresistas as que están en ascenso e as protestas  contra o establecemento é expresada desde a esquerda ata o centro. A Unión Europea, con todos os seus defectos, é considerada  como cousa positiva.”

"Escocia non é única nisto. Nun número de países europeos as forzas do cambio tamén xurdiron dende a esquerda autonomista, aínda que, como responderon as  institucións europeas? A resposta non está ben, polo menos até recentemente. Isto está mudando e ten que facelo. Cando o vandalismo da dereita estean  ás mesmas portas do Tratado de Roma, entón a axuda dos europeos progresistas deberá ser atesourada e valorada.

"Queremos unha Europa que priorice o crecemento e recuperación, unha Europa que remunere o concepto dun contrato social e unha Europa e que responda con solidariedade e  humanidade cando enfronte unha crise de refuxiados


"Necesitamos unha Europa onde a disidencia se canalice cara unha fresca esperanza. Precisamos levantar outra vez a desgarrada bandeira dunha Europa social. Precisamos  avivar unha vez máis a visión idealista que o propio Maurits Coopieters ten impulsado. Onde a autodeterminación da diversidade lingüística e cultural das persoas, a paz e a democracia poidan atopar unha casa nunha Europa unida."







Ningún comentario:

Publicar un comentario