sábado, 8 de outubro de 2016

#WeareScotland : un canto á diversidade, ao respecto e a humanidade fronte a xenofobia #Respect #WeareWales

Si vades a twitter e botades un ollo ao hashtag #WeareScotland veredes a resposta de milleiros de persoas á xenofóbica e racista tendencia do Goberno de Theresa May. 

Milleiros de persoas, entre elas cidadáns galegos, franceses, suecos, canadienses, italianos, australianos,... que levan estudando, vivindo e/ou traballando en Escocia durante un tempo, moitos deles establecidos alí hai anos, e que fixeron deste país o seu fogar; outras moitas persoas que coma é o meu caso, estamos ligados a Escocia por matrimonio. 

Falar do "nacionalismo excluínte" sinalando a partidos como o SNP escocés ou ao Plaid Cymru galés (ou a outros partidos declaradamente nacionalistas), cando dende os propios Gobernos centrais se lanzan entusiastamente soflamas que a historia nos demostra que foron utilizadas por personaxes como Hitler, é de todo hipócrita e extremadamente preocupante. De que "nacionalismo excluinte" nos están a falar? Que "nacionalismo excluínte" queren satanizar? 

Reino Unido, como outro países, parece ter perdido o norte dos dereitos humanos, dos dereitos civiles, do sentido común, dos logros sociais conseguidos despois de moitas guerras e moitos mortos. Cara onde vai Reino Unido con xente como Theresa May? Cara onde imos con estes depravados elementos, con estes envilecidos e corruptos gobernantes?   


Nicola Sturgeon deixou claro dende o minuto 1 despois de coñecerse o resultado do Brexit,  que todos os cidadáns estranxeiros teñen a súa casa en Escocia se así o desexan, e que o Goberno escocés vai facer todo o que estea na súa man (e mais) para protexer os seus dereitos.

O hashtag foi trending onte en Reino Unido, e rapidamente os curmáns de Gales seguiron a iniciativa con #WeareWales.


Digno de mención e bonito xesto para reivindicar que non importa de donde sexas ou cal sexa a túa procedencia, se vives e sintes Galicia, ti es Galicia, se vives e sintes Escocia, ti es Escocia.


Que estes intolerantes e irresponsables individuos nunca nos quiten nin a ilusión, nin a humanidade, nin  o sentido común 



Ningún comentario:

Publicar un comentario