Nicola Sturgeon anunciouno en varias ocasións. Primeiro durante a presentación do seu programa electoral para as eleccións de marzo, posteriormente no seu programa de Goberno para 2016-2017:
"Cremos que o Parlamento escocés debería ter o dereito de convocar outro referendo de independencia de haber unha clara e sostida evidencia de que a independencia se convertiu na opción preferida para a maioría dos escoceses - ou se hai un cambio significante e material das circunstancias que prevaleceron en 2014, como que Escocia sexa levada fora da UE en contra da súa vontade"
Today @DerekMackaySNP launched a consultation on the Draft Referendum Bill. Give your views here: https://t.co/RfKrrJ0X8f pic.twitter.com/cwRWgT0ORn— The SNP (@theSNP) 20 de octubre de 2016
Ainda que Theresa May di que Sturgeon non pode convocar outro referendo, este parágrafo demostra o contrario e está a ser repetido ata a saciedade pola Primeira Ministra e os deputados escoceses, por expertos legais, e ata polo xornal unionista Daily Record, é o que lle concede sen dúbida a postestade e o mandado a Nicola Sturgeon e ao seu goberno para presentar (para consulta) este Borrador de Proxecto de Lei para a celebración dun segundo referendo de independencia.
Significa iso que Escocia vai celebrar con seguridade un segundo referendo (#indyref2)? Non, moitos ven esta posibilidade lonxe e improbable si a Premier Theresa May accede ás peticións de Escocia, negociando a súa permanencia no mercado único, dándolle un status especial en materia de inmigración, ou respectando as competencias prometidas durante 2014, que ainda están sen aprobar en Westminster e sen transferir, e que corren serio risco tras a votación do Brexit.
Today's @Daily_Record editorial. https://t.co/OxLaXAgq9b— Nicola Sturgeon (@NicolaSturgeon) 20 de octubre de 2016
Significa iso que Escocia vai celebrar con seguridade un segundo referendo (#indyref2)? Non, moitos ven esta posibilidade lonxe e improbable si a Premier Theresa May accede ás peticións de Escocia, negociando a súa permanencia no mercado único, dándolle un status especial en materia de inmigración, ou respectando as competencias prometidas durante 2014, que ainda están sen aprobar en Westminster e sen transferir, e que corren serio risco tras a votación do Brexit.
Tamén é de ter en conta que o SNP puxo en marcha hai uns meses unha macro enquisa para coñecer de primeira man a valoración de ao menos un millón de escoceses; é de supoñer que o resultado da mesma será tido en conta á hora de decidir si se realiza ou non o #indyref2,
If you're waiting on day two of #SNP16 starting, why not take 5 minutes to fill in The National Survey? https://t.co/JTWviwhs68 pic.twitter.com/rZfy72jGds— The SNP (@theSNP) 14 de octubre de 2016
Este borrador, será exposto para consultas, e aberto a consideracións e enmendas que se recollerán ata o 11 de xaneiro de 2017. Dependerá dos pasos que dea Theresa May a partir de marzo de 2017, data na que ten pensado activar o art. 50 para o Brexit, e das condicións nas negociacións internas en Reino Unido, de que Escocia decida si fai unha realidade o que moitos entenden como un ultimatum.
Pero si o Goberno escocés chega á conclusión de que un referendo é o único xeito de defender os intereses da súa Nación, este borrador, moi semellante en condicións ao aprobado para o referendo de 2014, deberá ser levado ao Parlamento escocés para debate e posterior aprobación por maioría absoluta (os votos do SNP e dos Verdes serían mais que suficientes), e realizaríase antes de marzo de 2019, data na que Reino Unido estaría xa oficialmente fora da UE.
Por certo que os Verdes, na voz de Patrick Harvie deixou xa clara a súa postura, dando a benvida a este borrador e alertando a Westminster que non pode vetar a celebración dunha segunda consulta.
Greens welcome today's referendum bill consultation. Westminster would be foolish to try and block it. https://t.co/3y0jRYcUOG— Patrick Harvie (@patrickharvie) 20 de octubre de 2016
Os cidadáns europeos residentes en Escocia e os xóvenes de 16 e 17 anos terían, ao igual que en 2014 dereito a voto nun #indyref2— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 20 de octubre de 2016
Consultation on draft independence referendum bill now live: https://t.co/B1WH2VzKKo— Scottish Government (@scotgov) 20 de octubre de 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario