xoves, 13 de outubro de 2016

Nicola Sturgeon marca o camiño cara #Indyref2 fronte a deriva do #brexit #SNP16

A Conferencia anual do SNP era moi esperada despois da votación do Brexit e dos discursos de extrema dereita e xenófobos que Theresa May lanzou na Conferencia dos Conservadores en Birminghan.

A Primeira Ministra escocesa e lider do Scottish National  Party deixou claro, e repite sempre que ten oportunidade, que toda persoa que decida vivir e traballar no páis, sen importar de onde proceda é benvida en Escocia e os seus dereitos serán protexidos polo Goberno escocés.
Nicola Sturgeon quixo mandarlle unha mensaxe contundente a Theresa May. A primeira ministra británica non electa anunciou que sacaria a Reino Unido do mercado único; esta mensaxe de May ven de provocar unha oleada de indignación tanto na oposición como no seu partido. Sturgeon encargouse de desautorizala: "non tes mandato para eliminar nada de Reino Unido do mercado único". 

Nicola Sturgeon non se andivo polas ramas. Primeiro foi taxante no seu discurso de apertura en canto á xenofobia e o racismo que, dixo, non teñen cabida nunha sociedade democrática, non teñen cabida en Escocia.
Segundo, anunciou que tanto o Parlamento escocés como os deputados do SNP farán todo o posible para evitar o Brexit, e farán activa e firme oposición as decisións do goberno de Londres. 

Moitos dubidaban de si se faría real un anuncio dun posible segundo referendo de independencia. A elección de Angus Robertson como segundo lider do SNP xa anunciaba que así sería. Sturgeon confirmouno no seu discurso, explicando que durante a vindeira semana se fará público un borrador de lexislación para a celebración dun segundo referendo, para consulta, noticia recibida con xúbilo por parte dos 3000 delegados presentes en Glasgow.

A polémica está servida con este anuncio, pero dende as redes hai xa recordatorios do discurso de Ruth Davidson na conferencia Tory, pedindo que non se bloquee un posible segundo referendo:


Aquí tedes as claves do discurso inaugural de Nicola Sturgeon que rematará o sábado 14 tamén co seu discurso de clausura. Outro momento que sen dúbidas marcará as políticas do SNP


Ningún comentario:

Publicar un comentario