martes, 25 de outubro de 2016

A comprensible frustración de Escocia (Gales e Norte de Irlanda) con Theresa May #Brexit #indyref2

A primeira das xuntanzas de Theresa May cos máximos responsables de Escocia, Gales e Norte de Irlanda para tratar o tema do Brexit non foi nada ben. Ainda que oficialmente o Goberno británico valora positivamente esta xuntanza, ningún dos representantes das nacións que conforman Reino Unido e que participaban nesta reunión saliu contento; é mais, ante as acusacións de querer socavar os plans de Theresa May, Nicola Sturgeon respostou decindo que non se pode socavar algo que non existe, xa que á Premier británica carece a día de hoxe dalgún plan claro para dar solucións aos múltiples problemas que xa está a provocar o Brexit.

A First Minister de Escocia deixou claro que non está lanzando farois cando fala da posibilidade real de convocar un segundo referendo si non se lle escoita e non se permite a Escocia ter as competencias para poder manobrar nun panorama que acarrearía gravísimas consecuencias para a economía da nación do norte. Tamén se amosou profundamente frustrada coa actitude do Goberno británico que non aportou ningún dato novo logo de duas horas que durou a reunión. Escocia reclama (ao igual que Gales e Norte de Irlanda) permanecer no mercado único e competencias sobre inmigración, pero tanto May como David Davis xa se encargaron de rexeitar con contundencia esa posibilidade. No caso de Irlanda do Norte, os acordos de paz están en perigo.

Estas xuntanzas vanse repetir a miúdo, pero de non existir concesións dende o Goberno británico, as xa duras negociacións se presentan ainda máis duras. 


(Moitas grazas a Peter Curran por este video // Thank you so much to Peter Curran for this video)

Ningún comentario:

Publicar un comentario