"Coido que chegou o momento axeitado para que o noso partido lidere un debate de independencia" - asegurou Sturgeon.
Nicola Sturgeon, lider do SNP ven de facer o tan esperado anuncio que marca o inicio dunha nova campaña que non pode ser igual nen semellante que a que se fixo para o referendo do 2014. As condicións, a situación é - dixo - completamente distinta á de 2014 e antes de actuar debemos escoitar.
É por isto fundamentalmente que ven de lanzar unha plataforma dende a que se vai facer unha enquisa que pretende falar con ao menos 2 millóns de escoceses dende hoxe ata o Dia Nacional de Escocia, 30 de Novembro, San Andrés. Instou a todos os militantes (mais de cen mil do Scottish National Party) a facer chegar aos seus amigos e familias esta enquisa, a escoitar as opinións de todos, síes e noes do 2014, para entender, con detalle, que preocupa aos escoceses despois da votación do Brexit e de cara a un mais que posible segundo referendo.
Nicola Sturgeon, lider do SNP ven de facer o tan esperado anuncio que marca o inicio dunha nova campaña que non pode ser igual nen semellante que a que se fixo para o referendo do 2014. As condicións, a situación é - dixo - completamente distinta á de 2014 e antes de actuar debemos escoitar.
.@NicolaSturgeon “Before we start talking, we must listen.” pic.twitter.com/7P9Sfm1ZGa
— The SNP (@theSNP) 2 de septiembre de 2016
Take part in The National Survey at https://t.co/JTWvivZQHy, and encourage your family and friends to to the same. pic.twitter.com/Yqu8cTjuqs— The SNP (@theSNP) 2 de septiembre de 2016
Insistiu en que co seu comportamento, o Partido Laborista é incapaz de facer fronte ás ameazas das políticas de recortes e neoliberais dos Tories, que non van mais que empeoran despois da decisión de seguir adiante co Brexit. O Goberno escocés vai estar presente nas negociacións con Theresa May para asegurarse de que a voz de Escocia é escoitada. Hai xa uns días que a Primeira Ministra escocesa anunciou a creación dun Ministerio que estará directa e permanentemente conectado con ela, para levar adiante as negociacións con Westminster.
Tamén anunciou que se reforzará a estratexia económica para enfrontar o déficit coa creación da "Party Growth Commission" que tamén terá a misión de incrementar oportunidades económicas e construirá seguridade económica. "Hai un traballo real que facer", rematou

Deixovos a intervención completa de Nicola Sturgeon, que como ven sendo habitual dende hai xa tempo, emite dende as súas páxinas de FB, as súas intervencións, e charlas atendendo as preguntas do público (todas, cousa da que deberían tomar nota os políticos españoles e galegos). O resultado deste comportamente de achegamento real á poboación e seriedade á hora de traballar pode verse reflexado nas últimas enquisas publicadasHolyrood prediction: SNP 71(+8), LAB 18(-6), LIB 4(-1), CON 26(-5), UKIP 0(=), GREEN 10(+4) https://t.co/mQrkqmgyr1 pic.twitter.com/pm1ARUACmy— ScotlandVotes (@scotlandvotes) 2 de septiembre de 2016
Ningún comentario:
Publicar un comentario