xoves, 11 de agosto de 2016

Opinando sobre as claves das #ElecciónsGalegas #25S no #SermosGaliza


Dende Sermos Galiza preguntáronme sobre as eleccións do ‪#‎25S‬

As maiorías absolutas nunca son boas. E estas dúas lexislaturas de Feijóo acabaron co diálogo, co consenso e co respecto democrático e isto quedou recollido non só nos debates parlamentarios senón no xeito no que lexislaron sen teren en conta a opinión e reivindicacións de ninguén.

Que haxa moitas opcións políticas na esquerda nas eleccións para buscar unha alternativa non é un problema, iso forma parte da democracia, que é o contrario de tiranía e totalitarismo do PP. E que estas forzas entendan que deben dialogar entre elas para termos unha alternativa de goberno tamén é fundamental, o pobo non vai perdoar que as batallas internas das (entre) organizacións sexan un obstáculo para defender aquilo ao que se comprometeron durante todos estes anos e nos seus programas electorais. Os cidadáns non van perdoar que se perdan oportunidades de facer as cousas distintas (ainda que non sexan perfectas).

É importante que a xente refresque a memoria do que supuxo este último goberno,  e asuma o poder que ten de cambialo co seu voto xa que a clave vai ser a participación cidadá o día das votacións si se quere evitar outra maioría absoluta e mais políticas de costas ao pobo. 


Ah! E mercade o semanario en papel do Sermos Galiza! Ten moitísimos artigos e moi interesantes


Ningún comentario:

Publicar un comentario