mércores, 24 de agosto de 2016

Conferencia de Prensa de Nicola Sturgeon // First Minister Press Conference #Brexit #EU #indyref2

Video da rolda de prensa de Nicola Sturgeon dende a Bute House para valorar os primeiros informes sobre o impacto económico que vai ter o Brexit na economía escocesa e informar dos pasos que está a dar o Goberno escocés ao respecto.

A Primeira Ministra comezou felicitando os resultados do equipo británico nas Olimpiadas de Rio.

O Goberno escocés publicou onte un primeiro informe oficial no que valora que o impacto anual en perdas para o país é de ao menos 11 billóns de libras. O Goberno escocés quere participar activamente nas negociacións que teñan lugar para asegurarse dos pasos que queira dar o Goberno británico, ao que bota en cara que pasados dous meses xa, non se coñeza nin un só dos pasos e dos plans de acción para enfrontar o resultado do referendo sobre a UE. Calificou de imprudencia crecente o silencio de Downing Street e a sensación de que non hai plan algún.
Nicola Sturgeon ratificou a intención de protexer as relacións de Escocia coa UE e o mercado único o mellor que poidan; a preguntas dos xornalistas insistiu en que o Goberno escocés non queimar etapas e antes de valorar a celebración doutro referendo de independencia (que claramente está enriba da mesa), deben saber que proxecto ten o goberno de Teresa May para o conxunto de Reino Unido e como as negociacións finais afectarían a Escocia, que inconcebiblemente ainda non se coñece. "Con todo, entraremos de boa fe nas conversas con Reino Unido" 


Nicola Sturgeon anunciou tamén a creación de un novo Ministerio para atender as negociacións do Brexit e que estará en comunicación directa con ela.

Referíndose ás contradiccións dos argumentos da campaña do Brexit, comentou sobre a diferencia entre Irlanda, na que se aseguraba de que non habería fronteiras entre as dúas Irlandas, que nada cambiaría e o que lles dixeron aos escoceses tratando de asustalos con novas fronteiras e controles de pasaportes. 

Momento curioso cando ao final da rolda de prensa, na que Sturgeon dixo estar sorprendida de ter que falar "bandeiras e fresas" referíndose á decisión de Tesco de retirar a saltire de produtos escoceses, que marcaban a denominación de orixe, por queixas feitas en Inglaterra, e sustituíndoa pola bandeira británica, o que provocou reaccións airadas e indignadas dos consumidores escoceses.


A conferencia de prensa comeza a partires do minuto 11:30 do video

Ningún comentario:

Publicar un comentario